Pasar al contenido principal

O reitor entrega os galardóns dos Premios á Calidade Lingüística

Repártense quince premios nas modalidade de traballos académicos, proxectos de fin de carreira ou de grao e traballos de fin de máster

O reitor Juan Casares presidirá este xoves 20 a entrega dos galardóns correspondentes aos Premios á Calidade Lingüística, convocados para promover o emprego da lingua galega nos traballos de investigación. Os premios valoraron a calidade lingüística empregada na redacción ao que se suma a certificación do profesor titor correspondente conforme cada traballo presentado contaba cunha mínima calidade científica ou académica. Nesta convocatoria presentáronse un total de 153 traballos cunha calidade que o xurado valorou como moi alta. A entrega celebrarase nun acto protocolario ás 12.30 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia na que tamén participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín González; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; a secretaria Xeral da USC, Lourdes Noya; e o director do Servizo de Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala. A convocatoria contempla un total de quince premios cunha dotación que, en función da modalidade, oscila entre os 150 euros e diploma para os cinco mellores dos traballos académicos; os 300 euros outorgados aos da modalidade de proxectos fin de carreira ou de grao; e os 500 euros correspondentes aos traballos de fin de mestrado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2014.