Acto protocolario de toma de posesión do profesor José Pereira como decano da Facultade de Ciencias da Comunicación
O reitor Juan Casares presidirá este venres 21 o acto protocolario de toma de posesión do profesor José Pereira Fariña como decano da Facultade de Ciencias da Comunicación. A sesión comezará ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. O profesor Pereira Fariña inicia deste xeito o seu segundo mandato como decano, para o que contará no seu equipo cos docentes Antía María Lopez Gomez e Marcelo Martínez Hermida como vicedecanos, e Fernando Redondo Neira como secretario do centro. José Pereira José Pereira Fariña (Moraña - Pontevedra, 1976) é profesor titular do Departamento de Ciencias da Comunicación e membro do grupo de investigación Novos Medios da USC. Con anterioridade ao posto de decano, tamén foi vicedecano e durante tres anos coordinador de Comunicación Interna e Imaxe Institucional da USC. Análise de contidos e converxencia dixital de diferentes soportes son algúns dos campos de investigación nos que ten traballado. Entre as súas publicacións, figuran artigos en revistas internacionais e a súa colaboración na redacción de varios libros sobre o ciberxornalismo, coma o Manual de Redacción Ciberperiodística (Ariel, 2004) e Sistemas digitales de información (Pearson, 2006).