Pasar al contenido principal

Preséntase este martes na Facultade de Xeografía e Historia o número 25 da revista Sémata

O vicerreitor de Cultura, Formación Continúa e Estudantes da USC, Francisco Durán Villa, presentará este martes, día 25 de febreiro, a partir das 12.00 horas, na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia, o número 25 da revista Sémata, de Ciencias Sociais e Humanidade, que leva por título ‘O mar: unha ollada transversal desde as ciencias sociais ás humanidades’.

O decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Juan Monterroso, e o director do servizo de publicacións da USC, Juan Blanco, tamén participarán na presentación da última entrega da revista Sémata, un número coordinado polos profesores Alberto Martí Ezpeleta e Xosé Manuel Santos Solla, que tamén intervirán na presentación do número 25 desta publicación, do mesmo xeito que o fará a secretaria da revista, Marta Cendón Fernández. Os contidos do número 25 da revista Sémata, editado pola Facultade de Xeografía e Historia, ofrecen ao lector un conxunto de achegas sobre o mar, un ámbito de investigación escasamente abordado desde as ciencias sociais e desde as humanidades en relación coa importancia e a influencia que ten nas vidas individuais e tamén no conxunto da sociedade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2014.