I Escola de Inverno de Argumentación
O Máster interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia organizará este martes 25 e o mércores 26 a primeira edición da Escola de Inverno de Argumentación. O programa da Escola poderase seguir por videoconferencia nas sedes do máster que, de xeito conxunto, se imparte nas universidades de Salamanca, Granada, Valencia, Valladolid, no Instituto de Filosofía do CSIC e na propia USC. En Compostela, a asistencia realizarase a través da Sala de Xuntas da Facultade de Filosofía. O programa da Escola comezará este martes 25 ás 16.00 horas co relatorio de Luis Vega Reñón para falar sobre ‘A voz da razón no discurso público ou por que facelo ben se de argumentar se trata’. A continuación Jesús Alcolea presentará o relatorio ‘Argumentación e cine’. Xa o mércores 26, tamén a partir das 16.00 horas, Andrei Moldovan, Huberto Marraud, Luis Vega e Paula Olmos serán os encargados dunha sesión que terá como lema ‘Camiñando polo campo da argumentación: invitación a un itinerario’. Manuel Atienza pechará a quenda de intervencións referíndose ao tema ‘ O dereito como argumentación’.