Pasar al contenido principal

O grupo de investigación Hispona organiza un seminario sobre os exiliados republicanos e os organismos trasatlánticos occidentais

O grupo de investigación en Historia Política e dos Nacionalismos (Hispona) organiza o martes 28 un seminario sobre ‘Os exiliados republicanos e os organismos trasatlánticos occidentais: 1940-1961’. Impartirao a colaboradora externa deste grupo Olga Glondys, que tamén é membro do grupo de Estudos do Exilio Literario da Universidade Autónoma de Barcelona (GEXEL). Ademais foi investigadora posdoutoral do Departamento de Humanidades da Universidade Carlos III de Madrid entre 2011 e 2013 e investigadora visitante no Center for Latin American Studies da Universidade de Chicago (2008) e na Hoover Institution da Universidade de Stanford (2009). O seminario comezará ás 12.00 horas na Aula Máster de Historia Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia da USC. O seu libro La guerra Fría cultural y exilio republicano español: ‘Cuadernos del Congreso por la Libertad de la Cultura’ (1953-1965) constitúe o primeiro estudo monográfico da actividade do Congreso pola Liberdade da Cultura no seo do antifranquismo. Actualmente, segue desenvolvendo unha profunda investigación da actividade deste organismo entre os intelectuais antifranquistas do interior e do exilio. Ademais, escribiu artigos dedicados ao tema da guerra fría cultural estadounidense nos ambientes doutros exilios culturais europeos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.01.2014.