O ciclo de seminario de Histagra analiza o rol que ocupan a agricultura e a gandería na construción económica do mercado e a política
O ciclo de seminarios Histagra para 2014 aborda este venres 31 as ‘Tensións entre os distintos aspectos da sustentabilidade económica, social e medioambiental: o caso das explotacións agropecuarias galegas’. Impartirao a investigadora da Universitat de Barcelona. O encontro comezará ás 12.00 horas na Aula Máster de Historia Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia. O traballo que se presenta é parte da tese de doutoramento de Bibiana Martínez e céntrase no estudo de explotacións agropecuarias familiares produtoras de leite en Galicia, concretamente dentro do parque natural das Fragas do Eume. Pártese do particular de granxas familiares onde as relacións económicas que xeran determinadas contradicións dificultarían o proceso produtivo, incluso a propia supervivencia da explotación. Deste particular, a investigadora pasa a un contexto xeral porque, como explicará na conferencia, a medida que se van analizando estas cuestións faise máis evidente o rol estratéxico que ocupan a agricultura e a gandería na construción da economía de mercado e a política mundial.