Pasar al contenido principal

Unha mesa redonda debaterá a orixe galega de Cristóbal Colón a partir da revisión da documentación oficial

Unha mesa redonda na Facultade de Dereito da USC abrirá un debate sobre a figura de Cristóbal Colón a partir da análise da documentación oficial sobre a orixe galega do descubridor. Moderados pola profesora de Historia do Dereito Mª Teresa Bouzada Gil, participarán o divulgador e autor do libro Pedro Madruga-Cristóbal Colón. De Galicia al Nuevo Mundo, Aquilino Fariñas Godoy; o investigador e escritor Guillermo García de la Riega; e o presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Eduardo Esteban. A xornada é de entrada libre e comezará ás 19.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Ademais de realizar unha breve exposición da teoría que defende a orixe galega, e máis concretamente pontevedresa, de Colón a partir de diversa documentación, os participantes e membros da Asociación Cultural Cristóbal Colón Gallego presentarán á opinión público un documento localizado en datas recentes, o ‘Documento de Venta de A Puntada’. É un escrito notarial no que o Duque de Veragua Mariano Colón de Toledo vende unha propiedade emprazada en Porto Santo (Poio. Pontevedra), a escasa distancia da suposta casa natal de Cristóbal Colón. Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a USC e a Asociación Cristóbal Colón Gallego.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2014.