Pasar al contenido principal

A terceira Liga Interna do Club de Debate Compostela comeza esta sábado en Dereito

Dezaoito equipos comezarán este sábado 25 a súa participación na III Liga Interna do Club de Debate Compostela. Dende as 9.00 ata as 14.00 horas na Facultade de Dereito, os equipos formados por alumnado da USC debaterán sobre un tema de relevancia social, neste primeira sesión á pregunta formulada e sé deberían os Estados democráticos impoñer o seu sistema político en réximes autoritarios. O Club Debate Compostela é unha asociación de estudantes universitarios que en 2012 tomou o relevo da Sociedade de Debate de Competición. Na actualidade intégrana arredor de cen estudantes e nace da paixón pola oratoria dos seus integrantes e da libre difusión de ideas. A técnica de formación de oradores que leva a cabo a organización é a mesma que propón Alfred Snider, profesor de debate en importantes universidades estadounidenses. Trátase de que na formación dos novos socios colaboren os outros socios do Club, xa máis experimentados. Nesta III Liga Interna o modelo de debate que se vai poñer en práctica é o debate académico. É o formato habitual de debate en institutos e universidades españolas. Consiste en que dous equipos, compostos por entre dous e catro oradores, defendan dúas posturas opostas dun mesmo tema. Existen tres roles a desenvolver por equipo. Por unha banda, o argumentador inicial de cada equipo expón a súa postura sobre o tema. Deseguido, dous refutadores por cada bando amosan mediante evidencias os seus argumentos. Por último, un conclusionista por cada postura porá o broche final ao debate. A competición prolongarase durante sábados alternos do mes de novembro deixando a celebración de semifinais e a final para un día entre semana.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2014.