Pasar al contenido principal

Proxéctate en Galego presenta este xoves na Vicerreitoría de de Lugo os actos organizados co gallo do V Día da Ciencia

A plataforma Proxéctate en Galego, que integra os compoñentes das comisións de normalización lingüística do campus de Lugo, presenta este xoves, día 30 de outubro, ás 12.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación, o programa de actividades organizado co gallo da celebración do V Día da Ciencia en Galego e a través dos que se busca achegar a ciencia, e nomeadamente o traballo que se fai desde o campus de Lugo aos habitantes da cidade.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a directora da Biblioteca Intercentros, Julia Cantalapiedra, e a profesora Marta López Alonso, en representación da comisión de normalización lingüística da Facultade de Veterinaria, darán conta do programa de actividades organizado con motivo do V Día da Ciencia en Galego e que se desenvolverán os días 4 e 8 de novembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2014.