Pasar al contenido principal

www.biodiversidade.eu suma no seu primeiro ano de vida máis de 2.600 observacións de 262 especies vexetais e animais

O proxecto está aberto á participación das persoas interesadas

Máis de 2.600 observacións de 262 especies vexetais e animais conforman a plataforma www.biodiversidade.eu que promove o grupo de investigación do Departamento de Botánica na procura de desenvolver unha base de datos pero sobre todo crear unha comunidade de usuarios arredor da protección da biodiversidade galego-portuguesa. Así, este espazo web estará aberto a novas compartidas, á publicación de eventos relacionados co medio ambiente, difusión de roteiros, denuncia de ameazas ou á consulta de unidades didácticas. Esta iniciativa está concibida como unha plataforma colaborativa aberta ao público interesado que, co apoio nas redes sociais (Biodiversidade Gz-Pt en Facebook e @biodiv-gnp) inicia agora unha nova etapa na que o proxecto pula por chegar ao maior número posible de persoas e así contribuír, de xeito colectivo, “á conservación dos nosos valores”, explica o director do grupo Santiago Ortiz Núñez. Biodiversidade é o resultado do proxecto Biodiv_GNP, financiado con fondos FEDER do programa de cooperación transfronteiriza POCTEP. No referente á flora ameazada, eixo do proxecto orixinal desta proposta, a base de datos xa recolle a información coñecida sobre a presenzas das especies ameazadas e/ou endémicas, distribucións nas que se basearan os mapa das máis de 100 especies que incluirá o Libro Vermello de Flora Ameazada de Galicia e Norte de Portugal. Algunhas das citas incluídas sinalan novas poboacións ou núcleos de presenza, como os relativos a especies como Genista ancistrocarpa, Erodium maritimum, Rumex ruspestris, Xiphion boissieri e Succisa pinnatifida.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2014.