Pasar al contenido principal

O ciclo ‘100 anos da guerra que cambiou a sociedade’ comeza no Paraninfo da Universidade cun relatorio de Joanna Bourke sobre a violencia

Cartel do ciclo que comeza este mércores na USC
Cartel do ciclo que comeza este mércores na USC
Dirixe este ciclo o catedrático Lourenzo Fernández Prieto

“Hai cen anos, os nosos avós e avoas coñeceron unha guerra que cambiou o seu mundo e o noso”, asegura o catedrático Lourenzo Fernández Prieto en alusión á I Guerra Mundial, da que agora a USC en colaboración coa Fundación Barrié darán conta no ciclo de conferencia ‘100 anos da guerra que cambiou a sociedade’. Especialistas internacionais achegarán a súa mirada sobre a primeira gran conflagración que sacudiu a Europa do século XX dende as súas respectivas áreas de coñecemento: historia, cine, socioloxía ou literatura. Este ciclo que dirixe o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández estrearase este mércores 8 no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) coa disertación a partir das 20.00 horas da profesora de Historia da Universidade de Londres Joanna Bourke titulada ‘ O rostro do descoñecido: a violencia e a I Guerra Mundial’. A investigadora analiza no relatorio como homes e mulleres responderon á necesidade de ser excepcionalmente violentos en tempos de guerra e intenta dar resposta a unha serie de preguntas que indagan nas estratexias empregadas para asumir este cambios nas súas circunstancias ou cal foi o impacto da guerra a longo prazo. A partir destas ideas tratará de reflexionar sobre como entendeu a xente da época o combate na primeira Guerra Mundial e cal foi o legado a longo prazo da contenda. A próxima cita do ciclo será o día 15, cando o profesor da Universidade Paul-Val’ery Montpellier III Fréderick Rousseau, pronunciará a lección titulada ‘É suficiente con ser patriota para ir á guerra? Repensar as mobilizacións de 1914 dende as ciencias sociais’. Seguiranlle dúas intervencións do ciclo celebraranse na sede da Fundación Barrié na Coruña, da man de Ángel Luís Hueso Montón que proporá unha reflexión sobre a capacidade do cinema como testemuña e intérprete do acontecido hai cen anos e de Eduardo González Calleja que aludirá á guerra encuberta das potencias belixerante en España. De xeito complementario celebraranse tres proxeccións de documentación da BBC coa primeira gran guerra como fío argumental.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2014.