Pasar al contenido principal

Expertos internacionais reúnense este venres na USC para debater sobre dereito contractual e outros aspectos sobre consumo

O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do investidor da USC (CERGI), en coordinación co grupo EuSoCo (www.eusoco.eu), celebrará este venres 17 no Salón de Graos da Facultade de Dereito a xornada internacional ‘A Review of long term contracts and human needs’, na que tamén se inclúe a presentación do libro LIfe estafe contracts de recente aparición e que xa foi presentado en Luxemburgo, Londres, Porto Alegre e Montreal. Durante a xornada, desenvolveranse sesións de traballo pola mañá e a tarde onde os académicos do grupo EUSOCO intercambiarán opinión e establecerán bases para futuros traballos e encontros internacionais. Participarán personalidades internacionais e locais relacionadas con temas de consumo e do Dereito Contractual como Udo Reifner, Luca Nogler, Juana Pulgar, Javier Lete, Fernando Gallardo, Francisco Hernández, entre outros. As persoas que desexen obter un certificado de asistencia ou máis información poden consultar a web do CERGI (www.usc.es/crgi) ou escribir a cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2014.