Pasar al contenido principal

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría acolle este venres unha xornada tecnolóxica con expertos en desenvolver Google

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC acollerá este venres, a partir das 17.00 horas, unha xornada tecnolóxica na que intervirán como relatores de toda España, expertos no desenvolvemento de Google e emprendedores no ámbito das novas tecnoloxías.

As distintas sesións programadas no marco do Spanish GDG Summit, unha xornada sobre tecnoloxía organizada polo grupo oficial de desenvolvemento de Google de Santiago de Compostela en colaboración co profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC Antonio Mosquera, terán lugar no salón de actos da ETSE en quenda de tarde, de 17.00 a 20.45 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.09.2014.