Pasar al contenido principal

O ciclo de conferencias ‘Da lingüística e da lingua’ reúne aos académicos José Luis Díaz e Guillermo Rojo

‘Da lingüística e da lingua’ é un ciclo de conferencias que este xoves 18 reunirá no Salón de Actos da Facultade de Filosofía ao médico e investigador da Universidade Nacional Autónoma de México José Luis Díaz e ao catedrático da USC Guillermo Rojo, ambos os dous académicos da lingua dos seus respectivos países. A xornada, que comezará ás 19.00 horas e que é de acceso libre, contará coa presenza do vicerreitor de Internacionalización, Carlos Salgado. José Luis Díaz, membro da Academia Mexicana da Lingua, presentará a conferencia titulada ‘A natureza da lingua’, mentres que o membro da Real Academia Española Guillermo Rojo referirase ao tema ‘A natureza da lingüística’. Esta é unha actividade que organiza a Vicerreitoría de Internacionalización.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.09.2014.