Pasar al contenido principal

A rede europea SUB-URBAN, especializada no estudo do subsolo urbano en toda Europa, reuniuse na USC

A rede europea SUB-URBAN, especializada no estudo do subsolo urbano en toda Europa, reuniuse na USC
A rede europea SUB-URBAN, especializada no estudo do subsolo urbano en toda Europa, reuniuse na USC

A rede europea SUB-URBAN, incluída no programa europeo COST, acaba de celebrar unha xuntanza no Centro de Estudos Avanzados da USC. Esta é unha acción que promove a creación de redes de expertos no coñecemento do subsolo urbano en toda Europa. A USC participa como membro do consorcio a través do grupo de investigación ANTE (Análise Territorial), cuxo coordinador é o catedrático de Análise Xeográfica Rexional, Rubén C. Lois González. SUB-URBAN procura transformar a relación entre expertos en subsolo urbano e os actores e axentes que toman as decisións na cidade e nos espazos metropolitanos. A acción trata de establecer unha rede para coordinar, integrar e impulsar a investigación no modelado do subsolo dentro das institucións europeas, coa finalidade última de desenvolver un conxunto de recomendacións (toolbox) para planificadores e xestores urbanos. O Consorcio está liderado por Diarmad Campbell, do British Geological Survey, e está integrado por máis de 30 institucións de toda Europa (universidades, servizos xeolóxicos e administracións municipais), o que pon de manifesto a importancia da colaboración e transferencia de coñecemento entre o mundo académico e a administración. De feito, a acción ten unha fonda compoñente aplicada a través do estudo de casos de diferentes cidades europeas, que participan activamente no consorcio. Galicia está representada polo Concello da Coruña.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2014.