Pasar al contenido principal

A I Feira Mocidade Activa reunirá este mércores en Ciencias da Comunicación asociacións universitarias e empresas na busca de sinerxías

A I Feira Mocidade Activa celebrarase este mércores 24 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a modo de encontro entre asociacións e empresas de recente creación para xuntar nun mesmo espazo á comunidade universitaria e a empresas de cara a definir sinerxías e fomentar a súa educación non formal. Organiza este evento Jemsa (Junio Empresa de Santiago) co financiamento do programa Iniciativa Xove 2014 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Ao longo de todo o día na Facultade compostelá, as persoas que se acheguen terán a súa disposición todos os medios necesarios para que as entidades se publiciten nun contorno de networking a través da montaxe de stands dispoñibles para todos os participantes. No mesmo espazo están programados obradoiros paralelos impartidos por asociacións e empresas de recentes creación nos que se proporcionarán ferramentas imprescindibles para xestionar unha organización actual e para mellorar modelos de negocio. A inaugural institucional do encontro terá lugar este mércores ás 10.00 horas nun acto no que está prevista a presenza do decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Marcelo Martínez Hermida; o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro; a presidenta de Jemsa, Ana Carlota Gil Ares; Rosa María Cardeso, en representación da Cámara de Comercio; e Eva López Barrio, do programa Womenemprende.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.09.2014.