Pasar al contenido principal

Unha conferencia reconstrúe a vida e asasinato do médico republicano do Incio ao comezo da guerra

Unha conferencia reconstrúe a vida e asasinato do médico republicano do Incio ao comezo da guerra
Unha conferencia reconstrúe a vida e asasinato do médico republicano do Incio ao comezo da guerra
O relator é o seu sobriño, o investigador mexicano José Luis Díaz

O grupo Histagra inaugura este martes 23 a nova xeira do ciclo Pasados incómodos: guerra, memoria e historia coa conferencia do investigador José Luís Díaz, do Departamento de Historia e Filosofía da Medicina da UNAM (México), titulada ‘Vida e asasinato do médico republicano do Incio: o recordo individual, o imaxinario rexional e a memoria histórica’. A charla, que inaugura o Máster de Historia Contemporánea, terá lugar ás 12.00 horas na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia. A entrada é libre. José Luis Díaz José Luis Díaz Gómez (Cidade de México, 1943) graduouse como médico cirurxián na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) en 1967 cunha tese dirixida por Dionisio Nieto. A comezos dos anos 70 ampliou a súa faceta como investigador nos Laboratorios de Investigación Psiquiátrica da Universidade de Harvard e do Hospital Xeral de Massachusetts en Boston (EE.UU.) a cargo do Profesor Seymour S. Kety. Dedicouse á psicobioloxía, o estudo das bases biolóxicas e cerebrais da mente e o comportamento. As súas investigacións abarcan a neuroquímica, a psicofarmacoloxía, a etnofarmacoloxía, a etoloxía, oproblema mente corpo, a natureza da conciencia, a ciencia cognitiva e a epistemoloxía. Díaz é autor de 146 artigos científicos, de revisión e divulgación e de numerosos libros. Recentemente publicou un ensaio biográfico en galego (Sementeira e memoria, Ediciós do Castro) e outro en castelán (Siembra y Memoria. Muerte y evocación de un médico republicano, Madrid: Fondo de Cultura Económica) sobre o seu tío Manuel Díaz González, médico rural republicano fusilado ao inicio de la Guerra Civil Española.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2014.