Pasar al contenido principal

O profesor da EPS Juan Ortiz falará este venres en Sarria sobre modelado en 3D e ortofotos dos elementos patrimoniais

O enxeñeiro agrónomo, profesor e investigador do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo Juan Ortiz Sanz disertará este venres en Sarria sobre modelado en 3D e ortofotos dos elementos patrimoniais no marco dunha dobre sesión que se desenvolverá en quenda de mañá, a partir das 11.35 horas, no IES Gregorio Fernández, e en sesión vespertina, a partir das 19.15 horas, na Casa da Cultura.

No seu encontro matinal con docentes e estudantes sarrios de ensino secundario, o profesor Ortiz Sanz que estará acompañado polo enxeñeiro técnico agrícola e membro do grupo de investigación G-I-2114 para a Documentación en 3D da USC, Valentín García Souto. Estes dous relatores ofrecerán en quenda de tarde, a partir das 19.15 horas na Casa da Cultura, un relatorio aberto ao público na que intervirá como moderadora a licenciada en Comunicación Audiovisual Paula López López. A sesión sobre modelado 3D e ortofotos dos elementos patrimoniais programada para este venres 26 encádrase no marco das xornadas divulgativas A conservación do medio natural, tarefa común, organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela e patrocinadas por Turismo de Galicia, a través do programa do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco a Compostela. Este ciclo, que percorrerá 20 comarcas galegas, terá en Sarria a súa segunda sesión e a primeira na provincia de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2014.