Pasar al contenido principal

Un foro en Dereito mostrará as saídas laborais no eido xurídico

O estudantado de Dereito e titulacións que teñen que ver co ámbito xurídico terán a vindeira semana na USC unha oportunidade de coñecer as saídas laborais de que dispoñen tanto no sector privado como no público. Será nun foro de emprego que se desenvolverá na Facultade de Dereito entre os días 1 e 3 de outubro organizado polo grupo Xuristas en Acción e dirixido polo investigador ruben.miranda [at] usc.es (Rubén Miranda Gonçalves). A esta xornada de emprego, enmarcada no programa de Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, acudirán profesionais de pequenos, medianos e grandes bufetes para explicarlle aos mozos e mozas as saídas laborais no sector privado. Ademais, caben destacar tamén as intervencións do director Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, Carlos Domenech de Aspe, e do presidente da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, o maxistrado Ángel Pantín Reigada, que explicarán as saídas laborais no sector público, en concreto no ámbito da Inspección de Traballo e no mundo da xudicatura (oposicións a Xuiz e a Fiscal). O foro rematará cuns talleres a cargo da técnica da área de Orientación Laboral da USC Purificación Torrente sobre cómo realizar un bo currículum vitae e a carta de presentación e con técnicas para superar unha entrevista de traballo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2014.