Pasar al contenido principal

A profesora da ETSE Ana María Soto, nova editora xefe da revista científica Fluid Phase Equilibria

A profesora do Departamento de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) Ana María Soto ostenta dende o pasado 1 de setembro o cargo de co editora xefe da revista Fluid Phase Equilibria , un posto de relevancia científica que en Galicia e España ostentan poucas mulleres. A revista está incluída no Journal Citation Report (JCR) cun índice de impacto en 2013 de 2,241 que a sitúa no primeiro cuartil. Así, segundo este indicador ocupa o posto 35 de 133 revistas da área de Enxeñaría Química e o décimo de 55 na área de Termodinámica. A revista dedícase ao ámbito dos estudos de equilibrio (importante no deseño de operacións e unidades de separación de destilación, extracción, absorción...) así como a propiedades de transporte. Xunto con Ana María Soto son co editores xefe de Fluid Phase Equilibria, que xa vai polo número 381, os investigadores TH. W. de Loos, J. P. O'Connell e C. McCabe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2014.