Pasar al contenido principal

O grupo HISPONA analiza as particularidades da revolución de outubro de 1934

O grupo de investigación HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos) organiza un seminario aberto ao público interesado co título ‘A última revolución: outubro de 1934. 80 anos despois’. Celebrarase o xoves 2 e o venres 3 na aula 11 da Facultade de Xeografía e Historia. O programa do encontro comezará o xoves ás 17.00 horas co relatorio de Nigel Townson, da Universidade Complutense de Madrid, sobre ‘A represión gobernamental: unha resposta xusta ou desproporcionada?’ e continuará da man de Pilar Mera Costas, da mesma universidade, coa intervención ‘Orde, dereito e nación. Outubro do 34 e o Goberno Xeral de Cataluña’. Na sesión do venres, a investigadora do Instituto de Historia-CSIC Sandra Souto Kustrin abordará o tema ‘Esquerda, democracia e revolución: España, 1934’ e Julio Prada Rodríguez, da Universidade de Vigo, ofrece algunha claves interpretativas dos acontecementos revolucionarios de outubro de 1934 en Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.10.2014.