Pasar al contenido principal

A videocreadora Dhaunae de Vir falará en Ciencias da Comunicación sobre os efectos dos videoxogos

É gañadora dun premio BAFTA New Talent polo seu labor na produción audiovisual

O Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) organiza este venres a sesión divulgativa ‘Videoxogos, promotores de illamento ou de irmandade?’ coa produtora Dhaunae de Vir, merecedora dun premio BAFTA New Talent. Residente en Londres logo de pasar a súa infancia e mocidade na comarca de Os Ancares (Lugo), Dhaunae de Vir reflexionará sobre a incidencia dos videoxogos na nosa vida en sociedade, abranguendo desde o sexismo ata o duro ambiente que se atopa nos de competición, e pasando polas creacións para un só xogador que regresan logo da popularidade dos videoxogos en plataforma móbil. A sesión terá lugar ás 11:00 horas na Aula 0 da Facultade de Ciencias da Comunicación, e está organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC que traballa en cuestións relacionadas coas políticas de comunicación e cultura, os espazos xeolingüísticos de comunicación, a produción de contidos e as novas tecnoloxías, a programación e as audiencias.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.10.2014.