Pasar al contenido principal

O Club Debate Compostela organiza esta semana dous debates de exhibición abertos ao público

O Club Debate Compostela organiza esta semana dous debates de exhibición abertos ao público
O Club Debate Compostela organiza esta semana dous debates de exhibición abertos ao público

A celebración de dous debates de exhibición abertos ao público interesado marcan o inicio das actividades do Club Debate Compostela neste comezo do curso 2014-2015. O primeiro terá lugar este martes 16 na Facultade de Dereito a partir das 18.00 horas e terá continuidade na xornada do mércores 17 á mesma hora na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O tema de debate será a legalización da prostitución. A vindeira semana, este club de debate iniciará o martes 23 as súas xornadas de formación que se celebrarán de xeito semanal no Colexio Maior Fonseca. Nestes encontros ofrécese afestramentos sobre o que se pode e o que non se pode facer dende o atril de oradores, as diversas posturas dun debate académico ou a investigación sobre o tema proposto de cara a lograr elocucións eficaces ante o público. A inscrición nestas xornadas poderá realizarse a través da web do club de debate. Este primeiro semestre, o Club organizará unha liga interna entre os seus membros, mentres que para o segundo estanse a organizar outras actividades relacionadas co mundo da oratoria, como é o Debate Parlamentario (tamén coñecido como BP ou British Parliament) ou torneos de Debate Express. Todas estas actividades estarán acompañadas por diversos torneos nacionais en universidades como a Carlos III de Madrid ou a Universidade de Córdoba.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2014.