Pasar al contenido principal

A Facultade de Xeografía e Historia entrega as medallas ao persoal que se xubila este ano

A Facultade de Xeografía e Historia da USC organiza un ano máis o tradicional acto de entrega de insignias ao persoal do centro que se xubila este curso. O reitor Juan Casares entregará ás 12.00 horas no Paraninfo da Universidade as medallas do centro aos homenaxeados que nesta ocasión son todos profesores. Na cerimonia recibirán as medallas os profesores Luis Guitián Rivera e Rafael Martínez Conde, do Departamento de Xeografía; María Luisa Sobrino Manzanares, do Departamento de Historia da Arte; Isaura Varela do Departamento de Historia Contemporánea; e Ángeles Novoa Santos, do Departamento de Historia I.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2014.