Pasar al contenido principal

O Ibader acolle este luns a presentación dunha nova edición do Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC

O director do Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC, o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC, David Miranda Barros, presentará o vindeiro luns, día 8 de setembro, a partir das 10.00 horas, na sala de xuntas do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) unha nova edición do Máster Sustentable da Terra e do Territorio da USC.

O director da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Tomás Cuesta García; a vicepresienta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, tamén participarán no acto de presentación deste posgrao oficial da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.09.2014.