Pasar al contenido principal

O Máster en Dirección de Proxectos da USC bota a andar esta xoves unha nova edición na Escola Politécnica Superior

O profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC e coordinador do Máster en Dirección de Proxectos, Carlos Amiama Ares, presentará este xoves, a partir das 16.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, unha nova edición do Máster en Dirección de Proxectos.

O director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta, e a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, tamén intervirán na presentación deste máster oficial da USC, un acto que contará tamén coa presenza de estudantes e docentes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.09.2014.