Pasar al contenido principal

O grupo de investigación Esculca da USC organizará en decembro o VIII Seminario Nacional de Atención ao Alumnado Inmigrante

O grupo de investigación Esculca da USC, coordinado polo profesor Miguel Ángel Santos Rego, organizará os días 12 e 13 de decembro na Facultade de Ciencias da Educación o VIII Seminario Nacional de Atención ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación.

O obxectivo deste seminario, para o que se solicitou o recoñecemento como actividade de formación permanente de profesorado, céntrase no intercambio de ideas, experiencias e coñecementos entre os profesionais que se dedican á atención educativa do alumnado inmigrante, a fin de impulsar a investigación e a innovación neste terreo. A oitava edición deste seminario nacional, un encontro ideado para ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre os distintos profesionais e para a posta en valor e difusión dos seus proxectos e boas prácticas, terá como eixes central da súa programación temática a diversidade e o pluralismo relixioso. O prazo de inscrición neste foro abrirase a mediados do mes de novembro e a persoas interesadas en participar nas distintas sesións programadas ao abeiro deste seminario poderán formalizar a súa matrícula a través da páxina web www.usc.es/esculca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2014.