Pasar al contenido principal

Ciencias Económicas e Empresariais celebrou o seu patrón

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrou este mércores 9 o seu patrón con diversos actos conmemorativos. A programación para ese día comezou coa entrega do premio á calidade lingüística na modalidade de Fin de Grao para Helena Figueiras e a entrega aos premios extraordinarios da promoción 2012-2013 nas titulacións que se imparten neste centro tanto de grao, como posgrao e doutoramento. A cerimonia proseguiu coa entrega do premio do concurso de pintura CreArte na Universidade que correspondeu a Andrea Cerdeira pola súa obra Graffiti e no que Diana Rodríguez obtivo unha mención especial por De horizontes y memoria. A continuación tivo lugar a entrega do galardón Fulget 2013 á empresa Grupo Puentes e os actos remataron coa charla ‘Buscando o rigor a través do desenvolvemento profesional’ a cargo do exprofesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade desta facultade, conselleiro de presidencia do Grupo Televés, e administrador xeral da Catedral de Santiago de Compostela, Francisco Domínguez Martínez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.04.2014.