Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Tutorías: 5 Clase Expositiva: 25 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Coñecer a evolución das prendas e as formas ó longo da historia occidental.
• Comprender a vinculación existente entre a arte e a moda.
• Analizar o uso político da moda ó longo da historia e a importancia das leis suntuarias.
• Comprender o uso da moda como un distintivo político, social e relixioso.
• Saber que a moda non é unha manifestación illada e que evoluciona en relación ós avances históricos e tecnolóxicos.
• Analizar a vinculación entre a moda e o ideal estético e artístico de cada período histórico.
Máis alá do peplo e a toga: o tecido e a cor como configuración do poder na estatuaria grecorromana.
- Ouro, perlas e seda: a cultura do exceso no Imperio Bizantino a través do mosaico.
- O románico e a última moda "unisex": miniatura, escultura e primeiros restos téxtiles.
- Arquitectura e moda gótica: a busca dun mesmo canon en pedra e en fío.
- Nacionalismo e moda: a indumentaria e a súa significación social e política nos Códices de Traxes.
- O Renacemento: la liberdade italiana fronte o encorsetamento europeo.
- A cor negra na corte dos Austrias: ¿motivos económicos, históricos ou relixiosos?
- O retrato rococó: Francia fronte Inglaterra, da corte de Versalles á campiña británica.
- A Revolución Francesa e a Gran Renuncia Masculina
- A Rexencia: moda e costumes na literatura de Jane Austen.
- O Romanticismo: calquera tempo pasado é mellor... tamén na moda.
- A Revolución Industrial: o aceiro como protagonista do novo canon feminino (1855-1865).
- Pintoras impresionistas: unha visión persoal do espazo e as prendas femininas.
- Deseñadores e artistas: as Vangardas do século XX como campo para a experimentación téxtil.
- ¿A moda é un arte?: os desfiles como performance no século XXI.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Boucher, F., Deslandres, Y., & Aufrère, S. (2009). Historia del traje en Occidente: desde los orígenes hasta la actualidad. Gustavo Gili.
Laver, J. (2006). Breve historia del traje y la moda. Madrid: Cátedra, Ensayos de Arte.
Molpeceres, A. V. (2021). Historia de la moda en España: de la mantilla al bikini. Los libros de la Catarata.
Riello, G. (2016). Breve historia de la moda. Editorial Gustavo Gili.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bard, C. (2012), Historia política del pantalón. Barcelona: Tusquets.
Bernis, Carmen(1978). Trajes y modas en la España de los Reyes Católicos, Madrid, Instituto Diego
Collado, M.R., Nacional, M. and Romanticismo, D. (2020): La mujer se viste para el deporte: los orígenes de la indumentaria deportiva femenina en España, Museo del Romanticismo, Madrid.
Cumming, V. (2021). Understanding fashion history. Batsford Books.
Davidson, H. (2019). Dress in the age of Jane Austen: Regency fashion. Yale University Press.
Flügel, J.C. (2015). Psicología del vestido. España: Melusina.
Lipovetsky G. (1990). El imperio de lo efímero. Madrid: Album Letras Artes, S.A.
Matthews David, A. (2017). Fashion Victims. The dangers of Dress Past and Present. Londres: Bloomsbury.
Orellana, R.P. (2009). Historia de la moda en España: el vestido femenino entre 1750 y 1850. Almuzara.
Pena González, P. (2019). La moda en la Primera Guerra Mundial. España: Alepín.
Ribeiro, Aileen (2016). Clothing Art, the visual culture of fashion, 1600-1914, Yale University Press.
Simon, M., Westwood, V. and Jephcott, E. (1995). Fashion in art: The second empire and impressionism. Zwemmer London.
Soto, C. (2020). Vestuario, desde la Prehistoria hasta roma, ViveLibro.
- Sensibilidade respecto o patrimonio téxtil e a significación da historia da moda.
- Comprensión crítica da historia da moda e a súa vinculación coa historia e a arte.
- Asimilación dos conceptos e o vocabulario técnico relacionado ca moda.
- Comprensión crítica da evolución da historia da moda en relación o contexto social e relixioso.
- Compresión da repercusión da moda e da indumentaria nas sociedades pasadas e actuais.
- Coñecemento das diferentes prendas, patróns e cores empregadas o longo da historia.
- Capacidade de identificar períodos e prendas a través da arte.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a comunicación da materia empregaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
- Ensino de ferramentas on line para afundir no coñecemento da materia e fomentar a exploración de recursos por parte do alumnado
Asistir de forma presencial e participar na aula. Cuestionario da materia
Traballo individual para acadar o sobresaínte ou matrícula de honra.
HORAS PRESENCIAIS NA AULA
Clases teóricas: 25 h.
Clases prácticas interactivas e seminarios na aula: 5 h.
HORAS NON PRESENCIAIS DE TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (45 horas):
Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 h.
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca e similar: 15 h.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 5 h.
Otras tarefas propostas polo profesor: 5 h.
- Manexo da bibliografía recomendada e dos materiais de estudios facilitados o alumnado.
- Consulta de recursos específicos sobre historia da moda en rede que serán recomendadas ós alumnos.
OBSERVACIÓNS INFORMATIVAS DO REGULAMENTO DA UNIVERSIDADE
ASISTENCIA A CLASE: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS: Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Monica Rey Cabezudo
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- monicarey.cabezudo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa