Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Adquirir unha visión global da Historia Moderna en Galicia.
• Comprender os principais conceptos, dinámicas e procesos da historia social e económica de Galicia.
• Valorar o patrimonio herdado.
1. Introdución
2. A vida cotiá
3. O coidado da alma
4. O mundo das letras
5. A política e a guerra
• BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (1992). La Galicia del Antiguo Régimen. Enseñanza, ilustración y política. Galicia, Historia. Vol. IV. A Coruña.
• BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., e VILLARES PAZ, R., coords. (2007). A Gran Historia de Galicia, A Coruña, Arrecife, 32 vols.
• BARREIRO MALLÓN, B., y REY CASTELAO, O. (1998). Pobres, peregrinos y enfermos: la red asistencial gallega en el Antiguo Régimen, Nigra.
• CASTRO REDONDO, R. (2018). Cartografía digital de Galicia en 1753: Jurisdicciones, provincias y Reino, Andavira.
• DUBERT, I., coord. (2012). Historia de la Galicia Moderna, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela.
• DUBERT, I., coord. (2016). Historia das Historias de Galicia, Vigo, Xerais.
• GONZÁLEZ LOPO, D. L. (2002). Los comportamientos religiosos en la Galicia del Barroco, Xunta de Galicia.
• LÓPEZ DÍAZ, M. (1993). Goberno municipal e administración local na Galicia do antigo réxime: organización política e estructura interna dos concellos de Santiago e Lugo, Xunta de Galicia.
• REY CASTELAO, O. (1998). A Galicia clásica e barroca. Galaxia.
• REY CASTELAO, O. (2003). Libros y lectura en Galicia: siglos XVI-XIX, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
• SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P. (1994). La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Crítica.
• SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P. (2021). A unha voz na metade do reino: a Cincocentos anos da Xunta de Melide, Consello da Cultura Galega.
• SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P., y SOBRADO CORREA, H. (2004). El siglo de las luces: cultura y vida cotidiana, Síntesis.
• SAAAVEDRA VÁZQUEZ, M. C. (1996). Galicia en el camino de Flandes: actividad militar, economía y sociedad en la España noratlántica, 1556-1648. Edicións do Castro.
• VILLARES PAZ, R., (2004). Historia de Galicia, Vigo, Galaxia.
• Capacitar ao alumno/a para identificar as aspectos fundamentais da historia moderna de Galicia.
• Capacitar ao alumno/a para interpretar fontes documentais.
• Capacitar ao alumno/a para interpretar o patrimonio histórico-artístico.
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico a base de proxeccións, comentarios, lecturas e debates.
O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente na Aula Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do mes de decembro.
Na avaliación teráse en conta:
• A realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (50%).
• Un exame final ou proba tipo test (25%).
• A asistencia e a participación na aula e actividades programadas (25%).
A asistencia ás clases e ás actividades complementarias, así como tamén a realización do traballo dirixido é suficiente para superar a materia.
Recoméndase a participación nas clases e a lectura da bibliografía recomendada para ampliar os coñecementos.
Terá lugar unha saída coa correspondente autorización da Dirección do IV Ciclo.
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Mario Sixto Puente
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- mario.sixto.puente [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Tomas Manso Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881812707
- Correo electrónico
- tomas.manso.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h