Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Sin docencia (Ofertada)
Matrícula: No matriculable
Vital para o coñecemento da Historia da Arte, a materia pretende introducir ao alumnado no campo do significado das imaxes, tanto profanas coma cristiás e a súa interacción, ademais de lle proporcionar as bases fundamentais para a súa análise e comprensión ao longo da Historia da Arte europea occidental. O código das imaxes ficará desvelado e o alumnado poderá comprender a evolución do signo, o seu significado e as fontes para o seu coñecemento, dentro do seu contexto histórico-cultural. A materia, ademais, contribúe ao coñecemento e estudo de aspectos máis concretos da produción artística, ampliando e enriquecendo a formación en Historia da Arte.
- Introducir ao/á alumno/a na comprensión da creatividade artística.
- Aproximar o coñecemento das características e liñas básicas dos fundamentos do campo da Iconografía dentro do seu contexto histórico-cultural, político, relixioso, filosófico e individual do momento no que se crearon as imaxes.
- Coñecer e comprender o significado das imaxes no momento en que estas se crearon
- Coñecer evolución do significado das imaxes ao longo dos tempos e os cambios culturais.
- Coñecer e manexar de xeito correcto a linguaxe e terminoloxía específica no campo da Iconografía.
- Adquirir destreza na análise e explicacións das imaxes.
- Adquirir destreza no manexo das fontes para a comprensión do significado das imaxes.
1. Conceptos básicos. A iconografía e iconoloxía
1. O mundo anxélico. Das Vitorias aladas aos putti
2. A representación da divindade. Da representación simbólica á antropomorfa
3. Pai, Fillo e Espírito Santo. A Santísima Trinidade ou as dificultades de representar un dogma en imaxes
4. Iconografía Mariana
5. Os culto aos santos e outras manifestacións da devoción privada
6. O tempo, “os homes” e o mundo. Imaxe e mentalidade. Dos planetas aos humores e os temperamentos
7. A morte e o alén. Da Iconografía macabra da vánitas ás postrimerías da humanidade
8. A cultura simbólica. Das alegorías aos emoticonos.
- BIALOSTOCKI, J. (1972) Estilo e iconografía. Contribución a una ciencia de las artes, Barral Eds., Barcelona.
- CASTIÑEIRAS, M. A. (1998) Introducción al método iconográfico, Ariel, Barcelona.
- ELIADE, M. (1974) Imágenes y símbolos, Taurus, Madrid.
- ESTEBAN LORENTE, J.F. (1998): Tratado de iconografía, Madrid, Itsmo.
- GOMBRICH, E. H. (1983) Imágenes simbólicas. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Alianza Forma, Madrid.
- GRABAR, A. (1991) Las vías de la creación de la iconografía cristiana, A. F., Madrid.
- PANOFSKY, E. (1972) Estudios sobre iconología, Alianza Universidad, Madrid.
- PANOFSKY, E. (1979) El significado de las artes visuales, Madrid.
- Obter a capacidade para aplicar os coñecementos básicos adquiridos a través dun razoamento crítico aplicado ao análise e valoración de alternativas.
- Obter a capacidade para observar, analizar e describir a obra de arte
- Obter a capacidade para interpretar a obra de arte mediante a consideración dos seus valores estéticos, a reflexión sobre a súa forma, función e significado e o estudo da súa relación co contexto histórico, cultural, social, económico, político, ideolóxico, relixioso e individual na que se creou.
- Obter a capacidade de análise, abstracción e síntese
- Comprender os coñecementos fundamentais da área de estudo.
- Obter capacidade de buscar, reunir, organizar, interpretar e difundir datos da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
De cara facilitar e favorecer a adquisición de coñecementos a materia impartirase do seguinte xeito:
- Exposición teórica. Aulas expositivas complementadas con información gráfica nas que se fará a explicación dos contidos teóricos da materia .
- Exposición a debate. Aulas interactivas ou participativas nas que xs alumnxs afrontarán actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Prácticas de campo. Saídas fóra da aula concordadas cxs alumnxs .
- Participación e aportación nas aulas aos debates 70%
- Presentación de un traballo individual sobre algún dos aspectos da materia 20%
- Asistencia e participación nas actividades extra-aulares, 10%