Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sin docencia (Ofertada)
Matrícula: No matriculable
Practicar a fala e a escrita en lingua galega (valorarase só o contido do escrito e non se rebaixará a puntuación por descoñecer a normativa vixente).
· Reforzar e ampliar os coñecementos do alumnado sobre a Literatura Galega Contemporánea (a publicada desde a posguerra á actualidade).
· Seleccionar os autores e autoras e obras máis representativos desde a posguerra á actualidade.
· Identificar as características definitorias de cada autor e autora estudados e de cada obra salientada.
· Dialogar criticamente sobre autores e autoras e obras que o alumnado aínda non lera.
CONTIDOS
A Literatura Galega desde a posguerra á actualidade
1) Contexto sociohistórico. A literatura na posguerra.
2) Narrativa.
-A novela da posguerra. Autores, obras, tendencias. Contextualización da literatura antes de 1975. As distintas correntes.
A xeración de 1975 Víctor Freixanes, Carlos Casares, Paco Martín, Marina Mayoral, Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Carlos G. Reigosa, Darío Xohán Cabana.
-A narrativa dos anos 80: Suso de Toro, Manuel Rivas e outros autores e autoras.
-A narrativa dos anos 90.
-A narrativa galega actual.
-A Literatura Infantil e Xuvenil.
3) Poesía.
- A situación da poesía na posguerra.
-A poesía dos anos 80:
-A poesía dos anos 90.
-A poesía galega actual
4) Teatro:
-Breve panorámica de autores e autoras e obras desde a posguerra a actualidade. Reflexión sobre algún autores e obras: Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño, Cándido Pazó, Xavier Lama, Eloxio Ruibal, Quico Cadaval, Carlos Labraña, Paula Carballeira, etc.
-Mellorar as habilidades comunicativas en lingua galega, tanto na fala coma na escrita.
-Rememorar os coñecementos previos sobre a Literatura Galega Contemporánea.
-Reforzar a capacidade de síntese do alumnado á hora de analizar e investigar, na breve proba escrita final da materia, dos contidos recibidos na aula.
Analizar o máis sorprendente e o menos relevante na historia da obra ou obras que elixirán, con total liberdade, entre as publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) en galego desde a posguerra ata a actualidade.
-Condensar de forma clara e reflexiva nun traballo escrito (a modo de análise comparativa dos aspectos que considere relevantes o alumnado), tras a lectura dunha obra ou obras que elixirá, con total liberdade, entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego desde a posguerra á actualidade.
METODOLOXÍA
Abordarase a Literatura Galega Contemporánea desde un enfoque comparativo, no que se incidirá no contexto sociopolítico e cultural que condiciona a cada autor e que inflúe na súa obra literaria, e na análise filolóxica e crítica do autor e da súa produción literaria.
Ademais, se é factible, realizaranse clases prácticas (en museos e fundacións de autores, por exemplo, o Museo Álvaro Cunqueiro, a Fundación Carlos Casares, a Fundación Manuel María, a Fundación Uxío Novoneyra) para coñecer de primeira man a súa biobliografía, as súas obras de consulta e os seus referentes, entre outros aspectos) e saídas (se o alumnado ten dispoñibilidade para asistir) a fundacións de autores destacados (abordados no programa da materia ou outros autores pertencentes ás mesmas unidades xeracionais ou que sigan as liñas estilísticas abertas polos autores máis recoñecidos pola crítica e polo lectorado); a exposicións sobre autores e/ou as súas obras, a representacións teatrais, pictóricas, fotográficas ou outra manifestación artística que versen sobre autores en lingua galega; a presentacións de libros; a conferencias e/ou a cursos sobre autores, temas ou obras tratadas por autores recoñecidos en lingua galega, entre outras posibles actividades que se celebren durante o segundo trimestre. Se non fose posible realizar estas prácticas en horario lectivo, ofrecerase información ao alumnado para que poda realizalas no seu tempo de lecer.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para aprobar a materia “Literatura Galega Contemporánea” é obrigada a asistencia ao 80% das clases impartidas. O alumnado debe avisar na aula ou por correo electrónico das ausencias non xustificadas. As xustificadas son só por causa médica ou semellantes (non preciso a entrega ou envío de ningún certificado médico).
O alumnado compensará as ausencias non xustificadas coa participación activa na aula, a exposición oral e o traballo escrito.
A nota final (100%) será a suma dos seguintes parámetros:
- a participación activa na aula (un 30% para a nota final),
- unha proba escrita (pode sumar un 30% para a nota final) na que o alumnado demostrará ter comprendido os contidos explicados na aula.
- a lectura dunha obra ou dalgún capítulo de obras publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) en galego dos séculos XX e XXI, valorando que aspectos lle sorprenderon gratamente do libro e cales lle resultaron pouco relevantes. Ou a elaboración dun traballo escrito sobre algún tema proposto ou traballado na aula ou sobre algún libro suporá o 30% restante.
O alumnado debe entregarme unha copia en papel do seu traballo. Extensión máxima do traballo: 5 folios, Interliñado 1,5 cm, Letra Arial, 12 puntos, Zustificado (se se realiza cun programa informático) ou 5 folios a man, con caligrafía lexible.
Para aprobar a materia “Literatura Galega Contemporánea” é obrigada a asistencia ao 80% das clases impartidas. O alumnado debe avisar na aula ou por correo electrónico das ausencias non xustificadas. As xustificadas son só por causa médica ou semellantes (non preciso a entrega ou envío de ningún certificado médico).
O alumnado compensará as ausencias non xustificadas coa participación activa na aula, a exposición oral e o traballo escrito.
A nota final (100%) será a suma dos seguintes parámetros:
- a participación activa na aula (un 30% para a nota final),
- unha proba escrita (pode sumar un 30% para a nota final) na que o alumnado demostrará ter comprendido os contidos explicados na aula.
- a lectura dunha obra ou dalgún capítulo de obras publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) en galego dos séculos XX e XXI, valorando que aspectos lle sorprenderon gratamente do libro e cales lle resultaron pouco relevantes. Ou a elaboración dun traballo escrito sobre algún tema proposto ou traballado na aula ou sobre algún libro suporá o 30% restante.
O alumnado debe entregarme unha copia en papel do seu traballo. Extensión máxima do traballo: 5 folios, Interliñado 1,5 cm, Letra Arial, 12 puntos, xustificado (se se realiza cun programa informático) ou 5 folios a man, con caligrafía lexible.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bibliografía primaria das edicións que posúen un estudo crítico das obras que se analizarán con maior atención na aula.
E así mesmo, as seguintes historias e dicionarios da literatura:
Fernández del Riego, Francisco (1995). Historia da Literatura. Vigo: Editorial Galaxia.
GLIFO (1998). Diccionario de termos literarios (a-d). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI [Consulta: 2 abril 2022].
GLIFO (2003). Diccionario de termos literarios (e-h). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI [Consulta: 2 abril 2022].
Roig Rechou, Blanca-Ana (1996). A Literatura Galega Infantil. Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e intercambio científico. Teses en microficha. N.º 578.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2002a). “La Literatura Infantil y Juvenil en Galicia”/“A Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia”. En Darío Villanueva Prieto e Anxo Tarrío Varela (coords.), La Literatura desde 1936 hasta principios del siglo XXI: Narrativa y traducción/A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: Narrativa e traducción. A Coruña: Hércules Ediciones, Vol. XXXIV, cap. 8, 382-501.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2005). “Literatura infantil e xuvenil en Galicia: dos inicios á consolidación”. En Gemma Lluch e Blanca-Ana Roig Rechou, Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. Boletín Galego de Literatura. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, n.º 32 (2º semestre 2004), 141-167, http://hdl.handle.net/10347/2056 [Consulta: 2 abril 2022].
Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega: Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (Coord.) (2000). Proxecto Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones.
Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Dicionario da Literatura Galega I. Autores. Vigo: Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (1997). Diccionario da literatura galega II. Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2003). Diccionario da literatura galega III. Obras. Vigo: Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2004). Diccionario da literatura galega IV. Termos e institucións literarias. Vigo: Editorial Galaxia.
Bibliografía secundaria
Agra [Pardiñas], María Jesús, Carmen Franco Vázquez e Blanca-Ana Roig (2010). “Texto-imagen: A lingua das bolboretas de Manuel Rivas”, en Susana Pérez Pico y Manuel A. Candelas Colodrón. Diálogos intertextuales 4: Discursos (audio)visuales para un receptor infantil y juvenil. Estudios de literatura infantil y juvenil: medios audiovisuales. Frankfurt am Main: Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften. [15]-23.
Fernández Vázquez, Mar (2017a), “O mundo eclesiástico na obra casariana”, en Armando Requeixo (Ed.), Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 11 marzo 2017, 789 pp. (ISBN: 978-84-453-5251-9), pp. 337-346.
Fernández Vázquez, Mar (2017b), “De letras: Carlos Casares”, en Mar Fernández-Vázquez (coord.), De letras e de imaxes nas aulas de Primaria, ilust. da capa Francisco Javier Cabo Villaverde, A Coruña/Santiago de Compostela: Hércules de Ediciones/ Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, col. Bibliodidáctica, n.º 2, “Educación literaria”, 2018, 237 pp. (ISBN: 978-84-949176-3-9), pp. 33-50.
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
González-Millán, X. (1994). Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: EdiciónsXerais de Galicia.
López Sández, María (2008). Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. VII Premio Ramón Piñeiro. Vigo: Editorial Galaxia.
Lourenzo, Manuel e Francisco Pillado Mayor (1979). O teatro galego. A Coruña: Ediciós do Castro.
Nogueira Pereira, María Xesús (2005). Estratexias narrativas na obra de Cunqueiro. Santiago de Compostela: Universidade. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega. Tese de doutoramento.
Nogueira Pereira, María Xesús (2009). Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro. Santa Comba: TresCtres Editores.
Rodríguez, Francisco, Claudio Rodríguez Fer, Francisco Salinas Portugal, Francisco Pillado Mayor, Manuel Lourenzo e Xosé María Dobarro Paz (1985). A nosa literatura: unha interpretación para hoxe (II). A Coruña: Edicións Xistral.
Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (1996-2019). Informe de Literatura. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. (CD-ROM e www.cirp.es/rec2/informes/) [Consulta: 2 abril 2022].
Roig Rechou, Blanca-Ana (2002b). “Literatura infantil e xuvenil. Carlos Casares in memoriam (1942-2002)”, en Revista Galega do Ensino, “O pracer de ler”, nº 35 (maio 2002), 235-243.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2004a). “O contexto”. En Carlos Casares, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Versión e dirección de José Caldas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/IGAEM, col. Centro Dramático Galego, n.º 33, 38-105.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2008a). La Literatura Infantil y Juvenil Gallega en el siglo XXI. Seis llaves para entenderla mejor/ A Literatura Infantil e Xuvenil Galega no século XXI. Seis chaves para entendela mellor. Madrid/Santiago de Compostela: Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil/Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Consellería de Cultura e Deporte).
Roig Rechou, Blanca-Ana (2008b). “Memorias dun neno labrego y la obra de Xosé Neira Vilas”. En Ana Pelegrín, Mª Victoria Sotomayor, Alberto Urdiales (eds.), Pequeña memoria recobrada. Libros infantiles del exilio del 39. Madrid: Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (Secretaría General Técnica. Subdirección General de Información y Publicaciones), 155-167.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2009). “La aportación decisiva de Carlos Casares a la Literatura Infantil y Juvenil”, en Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (AILIJ), n.º 7 (2), 117-137.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2010). “Uxío Novoneyra: identidade e soños”. En Anxo Tarrío Varela (ed.), Uxío Novoneyra. Día das Letras Galegas 2010. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 83-97.
Roig Rechou, Blanca-Ana e Mar Fernández Vázquez (2017), “Carlos Casares, un clásico contemporáneo da LIX galega”, en Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais (eds.), Homenaxe a Carlos Casares. De amicitia, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, col. Cadernos Ramón Piñeiro (Cadernos galegos de pensamento e cultura), vol. XXXVII, maio 2017, 534 pp. (ISBN: 978-84-453-5258-8), pp. 391-405.
Roig Rechou, Blanca-Ana e Isabel Soto López (2013). “Os premios literarios e de ilustración na Literatura Infantil e Xuvenil galega”. En Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coord.), Premios literarios e de ilustración na Literatura Infantil e Xuvenil. Vigo/Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia / LIJMI, 153-176.
Tarrío Varela, Anxo (1989). Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo: Editorial Galaxia/ (2014) Álvaro Cunqueiro y los disfraces de la melancolía, Porto: Tropelias&Companhia. 2ª ed. revis ada, ampliada e actualizada.
Tarrío Varela, Anxo (2003). “A obra narrativa de Carlos Casares”, en Revista galega do ensino. 38. 115-145.
Tarrío Varela, Anxo (2007). “Espazos culturais e literatura na Galicia contemporánea”, en Boletín Galego de Literatura, n.os 36-37 (2º semestre 2006/1º semestre 2007), “Estudos/Studies”, 169-198.
OBSERVACIÓNS
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.