Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Poñer ó alcance do alumnado os contidos básicos para comprender a Historia de Galicia dende os primeiros restos humanos ata o ano mil
• Introducir os avances metodolóxicos e historiográficos máis significativos e recentes que afectan ó coñecemento da Historia de Galicia ata o ano mil
• Elaborar un traballo académico orixinal con busca de bibliografía específica
A presente materia tratará de achegar ao alumnado aos acontecementos máis salientables da Historia de Galicia, dende o ano mil ata o século XX. Para iso, atenderase a unha presentación das grandes etapas nas que se divide esta cronoloxía, especialmente entre a Plena Idade Media, a Baixa Idade Media, a Idade Moderna e a Idade Contemporánea, para, posteriormente, coñecer máis polo miúdo algún dos temas máis singulares, controvertidos e novidosos da nosa historia dos últimos mil anos.
A materia estrutúrase en dous grandes bloques: o primeiro, cun fundamento estrictamente cronolóxico, a través dos cales se fará en percorrido polos principais acontecementos da Historia Medieval, Moderna e Contemporánea de Galicia, dende o ano mil ata o século XX; e un segundo, cun fundamento temático, para incidir sobre seis grandes aspectos que configuran en si a Historia e a Cultura específicas de Galicia.
Bloque I:
1. Presentación da materia. Cronoloxía, conceptos e contextos
2. A integración do reino de Galicia nas coroas de León e de Castela
3. A crise do sistema feudal. As revoltas irmandiñas
4. A Galicia Moderna. Política e administración
5. A Galicia moderna. Economía e Sociedade
6. Saída***
7. A Galicia contemporánea. O longo século XIX
8. A II República e o Franquismo. Sociedade e Cultura
Bloque II:
9. As emigracións galegas na Historia
10. Educación e alfabetización
11. Historia das Mulleres de Galicia
12. Ferrados, moios e varas. Metroloxía tradicional galega
13. Cultura culinaria e alimentación
14. Cinema galego
15. Proba de avaliación
*** A saída efectuarase trala correspondente autorización da Dirección do IV Ciclo, nunha data a determinar co alumnado interesado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Obras xeralistas
AA. VV. (1982). Historia del arte gallego, Madrid, Editorial Alhambra.
AA. VV. (1995-1996). Historia de Galicia, A Coruña, Vía Láctea Editorial, 5 vols.
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., e VILLARES PAZ, R., coords. (2007). A Gran Historia de Galicia, A Coruña, Arrecife, 32 vols.
BERAMENDI, X. (2007). De provincia a nación: Historia do galeguismo político, Vigo, Xerais.
DE JUANA, J. e PRADA, J., coords. (2005). Historia contemporánea de Galicia, Barcelona, Ariel.
DUBERT, I., coord. (2012). Historia de la Galicia Moderna, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela.
DUBERT, I., coord. (2016). Historia das Historias de Galicia, Vigo, Xerais.
REY CASTELAO, O., (1998). A Galicia clásica e barroca, Vigo, Galaxia.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F., dir. (1993). Galicia. Arte, A Coruña, Hércules, 7 vols.
VILLARES, R., (2004). Historia de Galicia, Vigo, Galaxia.
Obras temáticas
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., dir. (2000-2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, USC - Servicio de Publicacións e Intercambio Científico.
CASTRO DÍAZ, B., e LÓPEZ-MAYÁN, M., coords. (2012). Historia de Santiago de Compostela, A Coruña, Vía Láctea Editorial.
CASTRO, X., (2007). Historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX, Vigo, Nigratrea.
ID. (2010). A Rosa do viño: cultura do viño en Galicia, Vigo, Galaxia.
ID. (2010). Yantares gallegos: historia da dieta atlántica, Santiago de Compostela, USC-Servicio de Publicacións e Intercambio Científico.
CASTRO REDONDO, R., (2016). Entre colmos, rebolas e dobres varas de medir. Conflitos por medidas na Galicia moderna (séculos XVI-XIX), Valga, Concello de Valga.
CASTRO REDONDO, R. (2019). Cartografía digital de Galicia en 1753. Jurisdicciones, provincias y Reino, Santiago de Compostela, Andavira Ediciones.
COSTA RICO, A., (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX): Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo, Vigo, Xerais.
DÍAZ Y DÍAZ, M. C. (1997). De Santiago y de los caminos de Santiago, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Comunicación Social, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.
GUTIÉRREZ IZQUIERDO, R., (2000). Lecturas de Nós. Introducción á literatura galega, Vigo, Xerais.
HERNÁNDEZ BORGE, J. e GONZÁLEZ LOPO, D. L., coords. (2007). Pasado e presente do fenómeno migratorio galego en Europa, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.
NÚÑEZ SEIXAS, X. M., (1998). Emigrantes, caciques e indianos: o influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930), Vigo, Xerais.
REY CASTELAO, O., (2006). Los mitos del Apóstol Santiago, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago-Nigratrea.
REY CASTELAO, O., (2003). Libros y lectura en Galicia: siglos XVI-XIX, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
REY CASTELAO, O., coord. (2010-2011). Historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela-Vigo, Xunta de Galicia-Nigratrea, 4 vols.
SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P., (1994). La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Barcelona, Crítica.
SIXTO BARCIA, A. M., Cultura letrada e alfabetización no Baixo Ulla: (séculos XVIII-XIX), Valga, Ed. Concello de Valga.
• Capacitar ao alumno/a para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Galicia dos últimos mil anos, os seus fundamentos e as súas representacións máis importantes
• Capacitar ao alumno/a para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos pechados e posibilitar análises globais e transversais
• Potenciar a autonomía do alumno/a mediante unha metodoloxía de aprendizaxe onde, semanalmente, se facilitarán os contidos da clase inmediata (con antelación) para o repaso previo do alumnado
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico a base de proxeccións, comentarios, lecturas, debates...
O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente na Aula Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Nas saídas programadas haberá a posibilidade de realizar algún traballo relacionado coa visita, sempre con carácter formativo; isto é, ou bibliográfico ou de profundización nalgún contido específico.
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do mes de decembro.
Por último, o alumnado terá a posibilidade de traballar sobre os contidos vistos arredor dun tema a partir dun formulario breve, de 3 preguntas, formulado polo profesor de cara a súa entrega na clase seguinte. Esta actividades é absolutamente voluntaria, dirixida a aquelas persoas interesadas en avaliar semanalmente a súa aprendizaxe.
Na avaliación final teráse en conta a asistencia e a participación na aula e actividades programadas (50%), a realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (25%) e un exame final ou proba tipo test (25%).
Recoméndase efusivamente a asistencia continuada ás clases, así como a participación activa na mesma. Para un mellor aproveitamento, é recomendable visualiza-los recursos que ofertará o docente, sobre todo aqueles diseñados para a aprendizaxe fóra do horario das clases.
Ante calquera dúbida ou interese particular, recoméndase igualmente contactar co docente vía email.
OBSERVACIÓNS
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ruben Castro Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 982824716
- Categoría
- Profesor/a área externa