Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Sin docencia (Extinguida)
Matrícula: No matriculable | 1ro curso (Si)
- Explicar e comprender a realidade xeográfica de Galicia como un espazo dinámico, que é resultado da interacción de procesos socioeconómicos e culturais que actuaron sobre un marco natural e histórico.
- Comprender a realidade histórica de Galicia, valorando os procesos que permiten identificala como un territorio diferenciado en España.
- Analizar a función do medio natural, dos recursos naturais e das actividades produtivas na configuración do espazo xeográfico galego, valorando a vulnerabilidade e o grao de deterioro do medio ambiente e tomando conciencia da necesidade de coñecer antes de actuar, para manter o equilibrio entre a natureza e as sociedades humanas.
- Identificar e interpretar a poboación como recurso, identificando as características demográficas actuais, as diferenzas territoriais e as perspectivas de futuro.
- Coñecer as repercusións económicas, sociais e ambientais que tivo sobre Galicia a integración na Unión Europea.
I. Introdución: Obxectos de estudo e instrumentos da Xeografía: conceptos e gráficas.
II. O MEDIO NATURAL: ESTRUTURA, DINÁMICA E MEDIO AMBIENTE
2.1. As diversidades xeolóxica, morfolóxica, climática, hídrica e bioxeográfica.
2.2. As unidades morfoestruturais.
2.3. Natureza e recursos en Galicia: materias primas, fontes e recursos enerxéticos.
2.4. Territorio e paisaxe.
2.5. Medio ambiente nos espazos naturais galegos: conservación e impactos.
III. OS RECURSOS HUMANOS E A ORGANIZACIÓN DO POBOAMENTO.
3.1. As claves da evolución demográfica de Galicia: envellecemento e migracións.
3.2. Os sistemas intra e interurbano: a peculiaridade da rede urbana de Galicia.
IV. O ESPAZO XEOGRÁFICO NAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS.
4.1. Espazo e aproveitamento do sector agropecuario:Transformación e problemática do espazo rural galego e a reconversión da actividade pesqueira.
4.2. Espazos e actividades industriais.
4.3. A crise da planificación indutiva e a realidade actual da industria en Galicia.
4.4. Un espazo dos servizos: o proceso de terciarización da economía galega.
4.5. Transportes e comunicacións como elementos de organización territorial.
4.6. Turismo e lecer: impacto espacial e medioambiental.
V. A NOSA CONTORNA: a comarca do Barbanza, Santiago de Composteela e as rías galegas.
6.1. Análise empírica das características físicas da contorna.
6.2. A poboación da contorna e as súas actividades económicas.
6.3. Un territorio de industria e servizos cunha forte pegada do turismo.
ALDREY VÁZQUEZ, J.A. e LOIS GONZÁLEZ, R.C., 2010, Breve Xeografía de Galicia, A.N.T. Vigo.
SANTOS SOLLA, X. M. e PIÑEIRA MARTIÑAN, M. J., coods., 2011, Xeografía de Galicia. Ed. Xerais. Vigo.
Bibliografía complementaria:
PEREZ LUGIN, A., 2008, La casa de la Troya. Santiago, USC.
OTERO PEDRAYO, R., 1980, Guía de Galicia. Vigo, Galaxia.
PEREZ ALBERTI, A., dir., 1993, Xeografía de Galicia (varios tomos). Gran Enciclopedia Galega.
TORRES LUNA, Mª P., dir., 1986, Geografía de Galicia. A Coruña, Xuntanza, 3 vols.
VV.AA., 1996, A Xeografía. A Coruña, Hércules Eds. 7 vols.
Bibliografía para pescudas de microescala:
CARRÉ ALDAO, E., 1930, Provincia de la Coruña, en F. Carreras y Candí, dir., Geografía General del Reino de Galicia, Barcelona, vol. X da ed. facismilar de Ediciones Gallegas S.A. A Coruña, [orixinal de Casa Editorial Alberto Martín, Barcelona], vol VII, tomo 3º,
MADOZ, P., [1845] 1984 e 1986, Diccionario Geográfico y Estadístico de España y sus posesiones de Ultramar, volumes da edición facsimilar de Galicia, Ed. Breogán, A Coruña.
Recursos básicos na Rede para pescudas de microescala:
Anuario General de España Bailly Bailliere y Riera Reunidos para os anos 1900 a 1950.
Sitio virtual oficial do Instituto Galego de Estatística: IGE.
Sitio virtual oficial do Instituto Nacional de Estadística: INE.
Sitio virtual de Buxa para localizar patrimonio industrial a escala local e comarcal.
- Analizar e comentar fontes e documentos cartográficos, estatísticos, literarios e xornalísticos en soporte material e virtual.
- Aplicar métodos sistemáticos na análise e interpretación de feitos e procesos xeográficos.
- Interpretar as paisaxes galegas usando as saídas ao campo como fonte de información e oportunidade para aplicar o principio de observación directa.
- Valorar as paisaxes culturais conformadas polo patrimonio natural e social de Galicia.
- Adoptar actitudes proactivas ante os problemas medioambientais e sociais da poboación galega.
Os bloques temáticos traballaranse combinando exposicións do profesor e tarefas interactivas baseadas no traballo persoal e grupal do alumnado cos recursos recomendados nas sesións presenciais e na aula virtual creada a tal efecto polo profesor encargado da materia.
Proponse, como actividade academicamente dirixida, a elaboración dun traballo sobre a realidade socioeconómica da contorna para analizar os cambios producidos durante o século XX. A tal fin, o alumnado recollerá información en fontes primarias e secundarias (bibliográficas e hemerográficas, na Rede) para analizala, representala e interpretala.
Deste xeito coñecerá diferentes sistemas de tratamento de información e metodoloxías de análise social, incluída a reflexión sobre as consecuencias ambientais das actividades humanas.
Recomendaráselles a asistencia a conferencias e exposicións celebradas en Santiago de Compostela que complementen os contidos do curso e proporanse saídas didácticas adaptadas aos intereses do alumnado e posibilidades organizativas da USC.
Combinará diferentes instrumentos e procedementos de avaliación da mellora no nivel de coñecementos do alumnado e da eficacia da metodoloxía de ensino e aprendizaxe utilizada co obxectivo último de revisar os apartados nos que o rendemento do alumnado non acadase os obxectivos inicialmente fixados.
As producións escritas do alumnado suporán o 70% da cualificación final individual na materia. Consistirán na realización de tarefas prácticas aplicando os contidos da materia dispoñibles no curso virtual da mesma e na elaboración dun traballo monográfico sobre un tema directamente vencellado coa Xeografía de Galicia.
Esta cualificación completarase coa valoración da asistencia regular do alumnado ás sesións presenciais e da súa participación proactiva nelas e nas saídas didácticas (30%).
O das sesións presenciais mais unhas 30 horas estimadas de lectura de materiais, visionado de documentais e realización das tarefas prácticas recomendadas e dispoñibles no curso virtual da materia.
Asistencia regular ás sesións presenciais, participación proactiva nas mesmas e realización das lecturas e tarefas prácticas recomendadas no curso virtual da materia.
A rexión, en sentido estrito, é a escala privilexiada para a análise xeográfica, tanto pola extensión como pola proximidade das persoas que participan nese proceso reflexivo dado que as relacións entre as sociedades humanas e o territorio son complexas, selectivas e teñen, sempre, un referente espacial concreto de microescala. Por iso acadaron importancia nas análises xeográficas as representacións simbólicas, máis ou menos ideoloxizadas, da localidade, a comarca (bisbarra, contorna), e a rexión organizadas administrativamente en provincias e, máis recentemente, na comunidade autónoma.
Doutra banda, os procesos sociais e económicos que configuran a dinámica territorial son fortes e gozan de certa autonomía: a división do traballo, a especialización en actividades económicas respecto a territorios diferentes ao galego, a organización do sistema urbano específico, a polarización e planificación territorial son percibidos con claridade no caso do alumnado de IV Ciclo, porque estas persoas viviron e percibiron uns procesos de cambio sobre os que poden reflexionar. Esto último reforza o valor desta materia para enxergar a escala local e a rexional combinando metodoloxías de análise cuantitativo coas de observación cualititiva baseadas na esculca da contorna.
Raul Soutelo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- raul.soutelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Miércoles | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | CLE_01 | Gallego | 5512 Sede Ribeira |