Ir o contido principal

Sede Ribeira

A expansión do románico en Galicia

31 de outubro, 7 e 28 de Novembro

Victoriano Nodar

Durante o século XII a arte románica expándese por toda Galicia grazas a obradoiros itinerantes que constrúen ex novo un bo número de igrexas monacais e parroquiais. Unha das tipoloxías máis habituais e estendidas entre os santuarios e mosteiros é a de planta basilical da que o exemplo más antigo conservado é o de Santa María de Sar en Santiago de Compostela. Esta igrexa, iniciada en 1136, converteuse nun modelo que será repetido con diferentes variacións ó longo do territorio galego. Neste caso, o seminario abordará a difusión desta tipoloxía basilical na provincia de Ourense analizando casos como Xunqueira de Ambía, Augas Santas o Xunqueira de Espadanedo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2024.