Ir o contido principal

Campus Lugo

No románico as pedras falan... O caso da Ribeira Sacra

13, 14, 15 e 16 de xaneiro de 2025

Carolina Casal

As actuais provincias de Lugo e Ourense comparten un dos máis prezados patrimonios do pasado da Galiza: a Rivoyra Sacrata. Os ríos Miño e Sil convertéronse nos axentes activos da manipulación da paisaxe destas terras e as súas augas nos primeiros camiños que estruturaron o espazo e permitiron a ida e vida dos homes e mulleres, e con eles e elas, da súa esfera espiritual. As súas marxes reunían as mellores condicións para acoller aos primeiros cristiáns que, buscando a perfección ascética, se retiraban do mundo para vivir en soidade, entregados á oración e á penitencia, en busca da súa santificación.
Instalados desde os albores dos tempos os grandes e pequenos entes monásticos poboaron o espazo deixando presente a súa base cultual e tamén cultural, reflectida na nosa historia e nunhas construcións transformadas en fitos inseparábeis da memoria colectiva deste pobo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2024.