Ir o contido principal

Exposición: Concepción Arenal como pensadora

O obxecto da exposición é achegar ao público a figura de Concepción Arenal nas súas diferentes facetas e contextualizala na súa época e contexto. Permanecerá aberta ao público no Salón de Graos e na capela gótica do Colexio de Fonseca entre setembro e outubro.

Pazo de Fonseca

O material exposto procede dos fondos propios da USC, depositados na Biblioteca Universitaria, así como doutras institucións como o Museo de Pontevedra, Arquivo do Reino de Galicia, Cruz Roja Española, Fondo Guillermo Escrigas, así como da colección familiar. A profesora María Paz García Rubio e José Francisco Méndez García, director da Biblioteca Concepción Arenal, serán os comisarios da mostra, da que tamén formarán parte como equipo técnico María Alén e Ramón Pinal.

Ademais do material expositivo exhibido está previsto o desenvolvemento dun programa educativo en colaboración co Concello de Ferrol en forma de unidades didácticas para centros.

Datas: do 25 de setembro ata o 7 de novembro 2020

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.09.2020.