Ir o contido principal

Música: Programa de Concertos

Outro dos elementos deste Bicentenario será a expresión artística materializada nun ciclo de concertos, en cuxa concepción e desenvolvemento colabora o grupo de investigación Organistrum.

Concepción Arenal

O criterio na selección do repertorio estará guiado pola súa relación con Concepción Arenal desde diferentes ángulos: compositores do Rexurdimento que formaban parte dos salóns habituais da época como o moi coñecido de Emilia Pardo Bazán ou obras do violinista Jesús de Monasterio, amigo íntimo da autora, e do seu alumno Andrés Gaos (varias consérvanse no Fondo Gaos). Dada a importancia dentro do feminismo de Concepción Arenal, farase especial fincapé en incorporar compositoras e intérpretes mulleres.

Intérpretes

  • Concerto de Voz e Piano: Teresa Novoa (soprano) e pianista por determinar
  • Concerto para Piano: Alicia González Permuy
  • Concerto para Violín e Piano: Florian Vlashi (violín) e pianista por determinar. Para esta actuación utilizarase o violín de Andrés Gaos, do século XVIII doado recentemente á USC.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2020.