Ir o contido principal

Áreas de traballo

Áreas de traballo do Consello do Estudantado

Investigación

Esta área de traballo encárgase de todo o relativo aos dereitos do persoal investigador predoutoral, así como o acceso ás infraestruturas e recursos de investigación por parte do estudantado de grao e mestrados naqueles casos que for presciso.

Portavocía de Investigación
Sen foto

Desenvolvemento Normativo e Calidade

Esta área de traballo encadra tanto a normativa de calidade como as políticas de calidade tanto da universidade como do ensino superior en xeral, así como das relacións entre o Consello e as axencias de calidade e avaliación.

Portavocía de Desenvolvemento Normativo e Calidade
Correo electrónico
alberto.neira.ferreiro [at] rai.usc.gal

Facultade de Dereito
Grao en Dereito

Dende que entrei o ano pasado na universidade tiven a motivación de continuar a miña labor que comecei no Consello Escolar do meu instituto. Tiven a oportunidade de ser membro da Xunta de Facultade, comisións derivadas desta, e membro do Claustro Universitario no meu primeiro curso. Tamén tiven a sorte de participar e ser membro da miña sectorial (CONEDE). Ademais este ano fundei unha asociación para estudantes de todas as ciencias sociais e xurídicas, chamada Iuris Galicia Dende este outubro son o novo Portavoz de Des. Normativo e Calidade, moi relacionados co meu grao en Dereito.

Alberto Neira Ferreiro
Alberto Neira Ferreiro

Lingua e Cultura

Esta área de traballo encárgase tanto de todos os aspectos que garden relación coa normalización lingüística do galego no seo da universidade, como das actividades culturais e de extensión universitaria nas que o Consello poida participar ou promover.

Portavocía de Lingua e Cultura
Correo electrónico
carme.giraldez [at] rai.usc.gal

Facultade de Humanidades
Grao en Xestión Cultural

Tan pronto entrei na universidade busquei como poder comprender e participar da súa estrutura. Así foi como entrei na Xunta de Facultade de Humanidades, logo no Consello do Estudantado cando se constituíu e máis tarde no Claustro. Sendo da primeira promoción do grao en Xestión Cultural, a miña misión foi participar de case todas as comisións vinculadas coa lingua e a cultura para tentar fomentala e darlle o espazo que penso que merece na Universidade.

Carme Giráldez Salgado
Carme Giráldez Salgado

Igualdade

Esta área de traballo está encargada de todos os aspectos relacionados coa igualdade, entendendo por tal a igualdade en relación á identidade de xénero, orientación sexoafectiva, discapacidade, necesidades específicas de apoio educativo ou calquera outro posible motivo de discriminación ou violencia.

Portavocía de Igualdade
Correo electrónico
rocio.gonzalez.gonzalez [at] rai.usc.gal

Facultade de Ciencias da Educación
Dobre Grao en Mestra de Educación Infantil e Mestra de Educación Primaria

Estudante do Dobre Grao en Mestra de Educación Infantil e Mestra de Educación Primaria, sempre tiven interese pola institución educativa na que me involucraba nesta nova etapa. Comezando como delegada do meu grupo e representante en Xunta de Facultade e no Claustro Universitario, entrei ao Consello do Estudantado este ano con ganas de contribuir á mellora da comunidade universitaria, e, en especial, do estudantado que conformamos a mesma. Dentro disto, e como portavoz de Igualdade, o obxectivo é facer da universidade un espazo seguro e accesible para todas as persoas implicadas na mesma.

Rocío González González
Rocío González González

Relación Exteriores e Internacionalización

A participación do Consello do Estudantado en órganos de representación tanto estatais e crucial. Dende levar as problemáticas do estudantado da nosa universidade ao Ministerio, participar activamente na elaboración de normativas que nos afectan a todos o estudantado do Estado, ou traballar na construción do Espazo Europeo de Educación Superior, son tarefas fundamentais que executamos como máximo órgano de representación do estudantado da nosa universidade.

Portavocía de Relacións Exteriores e Internacionalización
Correo electrónico
leonfelipe.urena [at] rai.usc.gal

Facultade de Farmacia
Grao en Farmacia

Teño 4,5 anos de experiencia en representación estudiantil. Son membro da miña Xunta de Facultade, do Claustro Universitario e do Consello de Goberno de la USC, pertencendo a diversas comisións dos tres órganos. Dende outubro de 2023 son Portavoz de Relacións Exteriores e Internacionalización do Consello do Estudantado da USC. Tamén son Vicepresidente de Educación da miña sectorial, a Federación Española de Estudantes de Farmacia (FEEF) e fun Presidente da Rede Galega de Estudantes e Persoal Investigador Predoutoral de Farmacia (REGEIFAR).

León Felipe Ureña Sánchez
León Felipe Ureña Sánchez

CREUP

CREUP é a Coordinadora de Representantes de Estudantes de Universidades Públicas, formada polos consellos de estudantes ou delegacións de 37 Universidades Públicas e representando a máis de 1.000.000 de estudantes universitarios.  É o principal axente de representación do estudantado universitario a nivel Estatal. Dá voz ao estudantado perante as entidades e Institucións Públicas de referencia para a construción e mellora do Sistema Universitario. 

https://www.creup.es/
Contacto: presidencia [at] creup.es (presidencia[at]creup[dot]es) 

CEUNE

O Consello de Estudantes Universitarios do Estado (CEUNE) é o órgano colexiado de deliberación, consulta e participación dos/as estudantes universitarios/as de todas as universidades españolas. Este órgano está adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno do Estado a través da Secretaría Xeral de Universidades.

Os seus obxectivos e ser un espazo para abordar directamente as políticas educativas do SUE, deliberar, consultar, debater, compartir, trasladar reivindicacións e inquietudes, realizar propostas, desenvolver medidas comúns e avaliar plans de educación que contribúan a un novo modelo de Educación Superior.

Contacto: ceune.permanente [at] gmail.com (ceune[dot]permanente[at]gmail[dot]com) 

EUniWell

EUniWell, a Universidade Europea para o Benestar, é unha das 64 Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para o financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+ en 2020. EUniWell está formada por 11 universidades de distintos países de Europa, así como conta co apoio de máis de 60 socios asociados de todos os sectores da sociedade.

Co seu foco no benestar, EUniWell responde á invitación do Consello da Unión Europea para que os estados membros sigan un enfoque horizontal, intersectorial e baseado no coñecemento para avanzar na "Economía do Benestar", un círculo virtuoso entre a sociedade, a ciencia e o medio ambiente, levando a un maior benestar en esas dimensións. Implica comprender as relacións entre estas dimensións e a capacidade de potenciar as súas sinerxías. O benestar ofrécenos así unha nova forma de medir o progreso, máis aló do PIB e con desenvolvementos humanos, sociais e sostibles no centro.

https://www.euniwell.eu/ 

Participación

A área de traballo de participación é esencial para o correcto funcionamento do Consello. Este está encargado de promocionar e fomentar a participación dos representantes dentro e fóra do órgano. Tamén se encarga de motivar ao estudantado no marco da comunidade universitaria, difundindo e apoiando as súas iniciativas grupais ou individuais.

Vicepresidencia da Coordinadora do Consello do Estudantado
Correo electrónico
iria.linares [at] rai.usc.gal

Facultade de Filoloxía
Grao en Filoloxía Galega

Levo dende o meu primeiro ano de carreira representando ao estudantado de Filoloxía como membro da Xunta de Facultade e como unha das coordinadoras do meu Grao. Atópome tamén en distintas comisións do Claustro Universitario da USC, entre elas a Mesa de Claustro.

Asumín a vicepresidencia do Consello do Estudantado en abril de 2024 e dende entón tratei de levar a cabo a miña misión como Coordinadora de Campus de Santiago e do GT de Participación coa maior enerxía e disposición.

Iria Liñares Cereixo
Iria Liñares Cereixo

Infraestruturas e Servizos

Este área de traballo abrangue todo o relacionado coas bibliotecas e espazos de estudo, comedores, locais de estudantes, os servizos relativos á xestión académica e demais infraestruturas e servizos de especial interese para o estudantado.

Portavocía de Infraestruturas e Servizos
Correo electrónico
aitor.capeans [at] rai.usc.gal

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Grao en Ciencias Políticas

Son representante de estudantes dende que entrei a universidade. Xa en primeiro de carreira comecei a exercer esta representación a través da xunta de facultade do meu centro. Dende entón formo parte de distintas comisións de esta como a de asuntos económicos e infraestruturas. Xa en
segundo de carreira convertinme en delegado de grao, tamén logrei entrar a órganos de representación como o claustro e o consello de goberno, formando tamén parte de distintas comisións e participando activamente en ambos órganos. En abril do 2024 pasei tamén a formar parte do consello do estudantado, sendo elixido como Portavoz de Infraestruturas e Servizos, dende entón participo de forma activa no consello, tratando de defender sempre os intereses e as demandas de todo o estudantado .

Aitor Capeáns Caramés
Aitor Capeáns Caramés
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2024.