Ir o contido principal
  • Estudar

II Xornadas Explora coa Matemática Aplicada

18 de setembro de 2024 na Facultade de Matemáticas

A Aula Magna da Facultade de Matemáticas acolle este mércores 18 de setembro a partir das 16.00 horas unha xornada de divulgación dirixida a estudantes do grao en Matemáticas, dobre grao en Informática e Matemáticas e dobre grao en Matemáticas e Física.

Ás 16.10 horas Diego Asín de Alcalá, Pablo Arroyo Giganto e Xoaquín Tarrío Mallo, estudantes do dobre Grao en Matemáticas e Física e participantes no Concurso de Modelización Matemática da UCM, falaran de 'Aterrando foguetes: a orixe do control óptimo'. A partir das 16.30 horas é a quenda de Pedro Vidal Villalba, estudante do dobre grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas que realizou prácticas curriculares en empresas en CITMAga, quen ten unha charla sobre 'VPINNs: redes neuronais, ecuacións diferenciais e análise funcional'. Ás 16.50 horas, Martín García Cebeiro, estudante do grao en Matemáticas que realizou prácticas curriculares en empresas en CITMAga, falara do Método de volumes finitos para EDPs hiperbólicas.

Xa ás 17.40 horas Víctor Prego Pérez, bolseiro de colaboración do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e estudante do mestrado en Matemática Industrial (M2i) fala de 'Introdución á diferenciación automática empregando programación orientada a obxectos'. A última conferencia da xornada comezará ás 18.00 horas con Ángel Pita da Veiga Ramonde, bolseiro de colaboración do MEFP e estudante do M2i, e ten por título 'Deseño eficiente: optimización topolóxica en problemas estruturais'.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.09.2024.