Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivo xeral:
Proporcionar os fundamentos teóricos e metodolóxicos xerais para a comprender e investigar as relacións entre a Sociedade da Información, as Tics e o desenvolvemento urbano e rexional.
Obxectivos específicos:
1. Analizar críticamente os fundamentos teóricos e metodolóxicos cunha visión prospectiva.
2. Comparar diferentes culturas e territorios nos tópicos do curso.
3. Coñecer os conceptos fundamentais que permiten analizar os impactos da Sociedade da Información.
4. Desenvolver a iniciativa emprendedora e a capacidade de innovación a partir de traballo individual e en equipo.
Contidos
As tecnoloxías da información e da comunicación (Tics) e o desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento condicionan a articulación social e económica do territorio. O seu planeamento é imprescindible para o desenvolvemento rexional equilibrado. Os impactos das Tics evolucionan no tempo e no espazo en función das características xeográficas, sociais, culturais, económicas, etc. das rexións; podendo distinguir entre os impactos sobre sistemas rurais e urbanos. Existe un importante corpo teórico que tenta de explicar e interpretar a lóxica espacial da interacción dos Tics e das redes sociais. Examinaremos as teorías e métodos avanzados do Marketing Territorial, e da Planificación Estratéxica no marco da Implantación da Sociedade da Información; e estudaremos casos en distintas rexións do mundo. Non obstante, a nosa experiencia será sempre co enfoque comparado coa realidade máis próxima.
1. Teoría e método do Marketing Territorial/Geomarketing
1.1. Definicións e fundamentos
1.2. Desafíos territoriais e desenvolvemento rexional
1.3. Novos territorios e estratexias concertadas de desenvolvemento
1.4. O Método do Marketing Territorial Estratéxico/Geomarketing a escala rexional
1.5. Análise bibliográfico
1.6. Actividades aplicadas
2. A Sociedade da Información e as Novas Tecnloxías
2.1. Globalización e Sociedade da Información
2.2. Os cambios nas actividades humanas
2.3. Impactos territoriais.
3. Estudio de casos.
3.1. A agricultura familiar e www.granxafamiliar.com
3.2. O turismo creativo e www.galiciaautentica.org
3.3. A universidade virtual e www.fceer.org
3.4. A inclusión social e teritorial. www.infoancares.com
3.5. O desenvolvemento económico local e www.infobron.com
3.6. Aprendizaxe psicosocial con persoas vulnerables. www.mujeresvulnerables.es
Actividades prácticas
Trátase de desenvolver un traballo de iniciación á investigación redactando unha proposta de artigo a partir dun modelo ou plantilla no que se relacione a Tecnoloxía e Sociedade co tema da tese de doutoramento do/da alumno/a
Organizarase unha saída de campo si os recursos dispoñibles o permiten.
Bibliografía básica:
Borja, J. e Castells, M. (1997): Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información. Barcelona, Taurus.
Cairncross, F. (1997): The Death of Distance, Cambridge, Ma., Harvard Bussines School.
Castells, M.(2000): La Era de la Información, Vol. I, Madrid, Alianza.
Friedman, T. (2006): La Tierra es plana. Breve historia del mundo globalizado del siglo XXI, Madrid, MR.
García, Y. (2014): La Ciudad Espectáculo. Internet, Cultura Audiovisual y Marketing Territorial. El caso de Santiago de Compostela. Tesis Doctoral. USC.
Pose, M. (2013): Género y Nuevas Tecnologías. Fundamentos teóricos y estudio de casos. Tesis Doctoral. USC.
Pratt, A.C. (2008): Creative Cities: the cultural industries and the creative class. Geografiska Annaler: Serie B-Human Geography 90.2, 107-117.
Rifkin, J. (2011): La III Revolución Industrial. Paidós, Barcelona.
Bibliografía complementaria:
Castells, M. (1995): La ciudad informacional, Madrid, Alianza.
Ferrás Sexto, C. (1998): La Contraurbanización. Fundamentos teóricos y estudio de casos en España, Irlanda y México. Xunta de Galicia y Universidad de Guadalajara. México. Universidad de Guadalajara.
Mella Márquez, J.M. (1999): Promoción de ciudades, en Economía y Política regional en España ante la Europa del siglo XXI, Madrid, 571-592.
Paddinson, R. (1993): City marketing, Image Reconstruction and Urban Regeneration, en Urban Studies, Vol 30 nº2, 339-350.
Suárez Villa, L. (1986): “Metropolitan evolution, sectorial economic change, and the city size distribution”, Urban Studies 25, pp. 1-20.
Stockdale, A. (2006): Migration: pre-requisite for rural economic regeneration? en Journal of Rural Studies, 22.3., pp. 354-366.
Stöhr, W.B. (1987): “El desarrollo económico regional y la crisis económica mundial”, Estudios Territoriales 25, pp. 15-24.
Toffler, A. (2006): La revolución de la riqueza, Barcelona, Plaza y Janés.
1. Comprender os impactos das Tics sobre o territorio e a sociedade.
2. Empregar con precisión os principais conceptos teórico-metodolóxicos.
3. Competencia de traballo en grupo.
4. Redacción académica.
5. Capacidade de expresión oral en público.
6. Empregar software básico.
7. Empregar técnicas de procura e xestión de información por Internet.
8. Capacidade de discusión crítica e concertación documental.
Metodoloxía da ensinanza
Na parte teórica traballaranse os coñecementos conceptuais básicos, e a parte práctica centrarase en analizar, comentar e traballar cos estudos de caso.
Empréganse e foméntanse as Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información, a utilización de Internet e de software básico. Ademais de recursos documentais bibliográficos, fotográficos e cartográficos que facilitará o profesor.
A Titoría personalizada será presencial en horario oficial no despacho do profesor e non presencial a través de correo electrónico rubencamilo.lois [at] usc.es (rubencamilo[dot]lois[at]usc[dot]es), carlos.ferr%C3%A1s [at] usc.es (carlos.ferrás[at]usc[dot]es) e videoconferencia previa solicitude.
Poderán empregarse técnicas de ensinanza semipresencial a través da Aula Virtual da USC e a videoconferencia.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, etc.).
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Empregarase a Aula Virtual para docencia síncrona e asíncrona.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarese un calendario de entregas de informes e traballos.
Habilitarase un sistema de avaliación continua a partir dun Programa de Avaliación (PEC). Consistirá na elaboración de traballo obrigatorio tutorizado que serán entregados según un calendario prefixado. A superación deste programa permitirá obter os créditos da materia coa calificación conseguinte.
A avaliación dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo. Basearase na programación dun calendario de entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que entregar todos os informes e traballos programados de acordo coas indicacións do profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para conseguir os obxectivos formativos, o/a alumno/a deberá dedicar por termo medio 2 horas de traballo persoal por cada hora de traballo co profesor.
Recomendacións para o estudo da materia
1. Asistencia e participación activa
2. Utilización de literatura académica especializada.
3. Competencia para a lectura de literatura cientifica en inglés, galego-portugués e castelán.
4. Manexo de software básico.
Valorarase de xeito especial a participación activa do alumnado no período de docencia, e a súa capacidade de traballo individual e moi especialmente en grupo.
Carlos Ferras Sexto
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade