Ir o contido principal

Acceso

Información de acceso e matrícula

Perfil de ingreso para alumnos do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental 

Perfil de ingreso sen complementos de formación:

1) Grao en Enxeñaría Química máis algún dos seguintes Másteres da USC:

  • Máster Oficial en Enxeñaría Química e Bioprocesos
  • Máster Oficial en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais.
  • Máster Oficial en Enxeñaría Ambiental
  • así como os adscritos á/s rama/s de coñecemento no ámbito da enxeñaría ou das ciencias experimentais que lle outorguen ao alumno/as competencias similares.

2) Alumnos co título de DEA obtido a través dos antigos programas de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da USC.

Outros perfís de ingreso :

  • Alumnos con outros graos ou outros másters: A comisión académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación (máximo 15 ECTS).
  • Alumnos que non realizaran estudos de Máster: Necesitarán unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán de 60 ECTS 

Requisitos específicos do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental:

Dadas as características e o nivel científico do Programa de Doutoramento, o estudante deberá ter acreditado un nivel mínimo de coñecemento de inglés equivalente ao nivel B1, non só por ser na actualidade a lingua franca da comunicación científica a nivel internacional, senón porque forma parte do os cursos, tanto específicos como transversais, así como outras actividades do programa realízanse en inglés. O nivel de inglés acreditarase coa correspondente certificación oficial dos incluídos na relación de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www. .usc.gal /gl/servizos/clm/acreditación/. No caso de non ter dita certificación no momento da matrícula, deberá acreditarse a súa adquisición antes de que transcorran 24 meses de dedicación desde o inicio dos estudos de doutoramento. Quedarán exentos deste requisito os estudantes dun país cuxa lingua oficial e lingua materna sexa o inglés.

Requisitos xerais

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe de viabilidade ou carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule

A valoración dos criterios de admisión que terá en conta a CAPD é a seguinte:

  1. Expediente académico (60 %): O criterio será a nota media das cualificacións obtidas no máster (ou  DEA ou suficiencia investigadora)
  2. Experiencia investigadora e os seus resultados (10%): neste apartado valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa
  3. Experiencia profesional (5 %): neste apartado valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/ as candidatos/ as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)
  4. Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (10 %): neste apartado valoraranse as estancias de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa e o coñecemento de lingua inglesa (nivel  B2 ou superior) e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna, etc. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa
  5. Entrevista persoal (15 %): Neste apartado valoraranse aspectos como motivación e aptitude, capacidade de comunicación, etc

Mais información: Criterios de admisión

A comisión académica do Programa de Doutoramento ( CAPD), de acordo co titor ou o director, estudando o currículo do doutorando decidirá acerca da pertinencia de que realice complementos de formación, contemplados no RD 99/2011. No seu caso, definirase a relación de materias que debe cursar da oferta académica de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela, considerando a formación específica requirida polo doutorando para o adecuado desenvolvemento da súa tese doutoral.

Neste sentido, existen actualmente varios Máster afíns ao programa que son:

Estes Másteres constitúen unha fonte de complementos formativos que está dispoñible no caso de que así o requira o doutorando. Como complementos de formación poderanse contemplar un máximo de 15 ECTS, e as materias que se expoñen serán en función do perfil de ingreso do doutorando e do seu traballo de tese doutoral.

La comisión Académica del Programa determinará cuál o cuáles  ha de cursar cada candidato de forma individualizada, comunicándoselo al aspirante en el momento de la publicación de la listas provisionales de admitidos.  La admisión podrá quedar condicionada a la superación de complementos de formación específicos.

A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, e deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o compromiso de supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do Doutorando ata a súa superación, e non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese.

Ademais dos complementos formativos existen actividades formativas dentro dúas estudos de doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental, tanto de carácter transversal como de carácter específico, que son cursos, charlas e seminarios que teñen como finalidade ofrecer aos doutorandos e doutorandas unha formación complementaria a súa actividade investigadora, de xeito que ou alumnado fortaleza competencias e habilidades tales como a comprensión dás metodoloxías e técnicas de investigación, vos procesos de documentación científica, técnicas e métodos de comunicación científica e redacción de traballos de investigación.

Como criterio de Calidade o Programa de Doutoramento ten como requisito que os doutorandos/as polo menos asistan a cinco seminarios dos ofertados dentro das actividades formativas transversais do Programa de Doutoramento, das Escolas de Doutoramento Internacional da USC, ou equivalentes ao longo da súa etapa de doutoramento.

Para coñecer as actividades ofertadas/recoñecidas por este programa de doutorado, a súa duración o/a doutorando/a ten debe consultar tanto o apartado de actividades formativas como de novas desta web que serán actulizadasregularmente, ademaís recibirá información das mesmas a través do seu Campus Virtual.

Os doutorandos/as doutras Universidades que realicen estadías temporais de investigación na USC deberán realizar unha matrícula de estadía que se formalizará nas Unidades de Xestión Académica durante o curso académico, coa autorización previa do programa de doutoramento onde realizarán a estadía.

maís información _ Estadías

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.01.2024.