Ir o contido principal

Información

Información do título

Imaxe representativa

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da USC impártese na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) no Departamento de Enxeñería Química

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas. Obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrompidamente ao longo de todos os cursos nos que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento (RD 99/2011).

O programa parte das seguintes premisas:

  1. Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
  2. Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia.
  3. Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.
  4. Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento.

Datas aprobación e publicación do programa:

  • Autorización implantación Xunta de Galicia: 05/12/2013
  • Publicación BOE: 11/03/2014
  • Última acreditación: 18/05/2020
  • Nova memoria do PD: 28/04/2022

Mención: Doutoramento Internacional, Doutoramento Industrial ou Convenios de Cotutela Internacional

Réxime de estudos: Tempo parcial e tempo completo

Titulación interuniversitaria: Non

Obxectivos

Trátase de proporcionar un conxunto de coñecementos en Enxeñaría Química e Ambiental que sexa suficiente para que os enxeñeiros e outros titulados superiores teñan a posibilidade de desenvolver de forma eficaz as tarefas de innovación e desenrolo científico-tecnolóxica que permita a elaboración da Tese Doutoral.

Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:

  1. Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de Investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non só na investigación propiamente dita, senón tamén na xestión de proxectos.
  2. Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D.
  3. Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores.
  4. Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas de Enxeñaría Química, Ambiental e de bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas de alto índice impacto.

Competencias

Dacordo ao establecido no R.D. 99/2011 garantizaranse as seguintes competencias:

Competencias básicas e xerais

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Capacidades e destrezas persoais

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Outras competencias

CE1 - Capacidade para supervisar liñas de investigación
CE2 - Capacidade para a procura de financiamento de proxectos de I+D+i nas distintas convocatorias e organismos da administracións autonómicas, nacionais, europeas e internacionais
CE3 - Capacidade para a transferencia de tecnoloxía, con especial énfase na xeración, difusión e explotación de patentes
CE4 - Capacidade para o deseño, desenvolvemento e operación de procesos físico-químicos e biolóxicos avanzados para o tratamento de augas residuais urbanas e industriais
CE5 - Análise holístico de sustentabilidade de procesos químicos e ambientais
CE6 - Deseño e optimización de procesos de separación de produtos químicos e alimentarios
CE7 - Capacidade de desarrolar a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica

Comisión académica do PD

Cada programa de doutoramento terá unha Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), responsable do deseño, implementación, actualización, organización, calidade e coordinación do programa de doutoramento.

A CAPD estará composta por un mínimo de cinco membros e un máximo de quince, de entre o profesorado asignado ao programa, será nomeado pola reitora ou reitor. A CAPD terá un/unha presidente/a e un/unha secretario/a.

Membros que conforman a CAPD do Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental dende o 21/09/2018:

 Presidente:

  •  Eva Rodil Rodríguez

 Secretario/a:

  •  Diego Gómez Díaz

Vogais:

  • Gumersindo Feijoo Costa
  • María Sonia Freire Leire
  • Juan Manuel Garrido
  • Julia González Álvarez
  • Héctor Rodríguez Martínez

Normativas académicas (web-EDIUS)

De maneira regular, anualmente convócanse distintas axudas para a formación do doutorando e a realización da súa tese doutoral como as que se mostran no seguinete enlace da EDIUS

 

O Programa de Doutorado Enxeñería Química e Ambiental ofrece formación que permite a titulados cun Máster en Enxeñería Química ou Enxeñería Ambiental ou titulacións equivalentes adquirir a capacidade para traballar no ámbito da investigación científica e aplicada, relacionada co desenvolvemento de procesos químicos e ambientais que sexa respectuosa co medio ambiente, promovendo así mesmo o uso responsable de recursos e enerxía.

O/A egresado/a de o programa de doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental será un(a) investigador(a) con habilidades para liderar equipos de investigación de alto nivel, capaz de propoñer, realizar e levar a cabo investigacións e innovacións que conduzan á xeración de novos coñecementos no campo da enxeñería química e as súas ciencias transversais. Tamén conectará o traballo, a investigación e os resultados académicos cos intereses, europeos, nacionais e rexionais, avanzando en proxectos de investigación que, desde unha base científica e tecnolóxica, satisfagan as necesidades e prioridades das empresas e institucións. O/A egresado/a pode xerar desenvolvemento e innovación desde unha perspectiva que mellore a calidade de vida da sociedade.

Os/as doutores/as do Programa en Enxeñería Química e Ambiental traballan en centros de Investigación públicos e privados (centros I+D+i), en Universidades e nunha porcentaxe moi elevada (máis do 50%) en empresas privadas abarcando desde a propia industria química ata outros sectores relacionados, tales como o farmacéutico, biotecnolóxico, alimentario ou o ambiental. Os postos para desempeñar serán:

  • Xestores/as de proxectos
  • Técnicos/as de I+D+i
  • Consultores/as de I+D+i
  • Investigadores/as Senior
  • Profesor(a) Universitario
  • Directivos/as e técnicos/as na industria, enxeñerías, administración e servizos.

A Universidade de Santiago de Compostela posúe un sistema de residencia universitarias no Campus de Santiago de unha calidade extraordinaria e a uns prezos que son función da renda económica.

Para máis información: https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-universitario-residencias-sur

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2024.