Liñas de investigación
-
Intensificación de procesos para un desenvolvemento sostible - PROSUT - GI-1612
-
Tecnoloxías para o desenvolvemento de bioproductos industriais - TIBD- GI-1618
-
Enxeñaría e xestión de procesos e produtos sostibles -PRODES- GI-2058
-
Tecnoloxía para a Economía Circular e a SEguridade NAtural - TEC-SENA -G-2160
-
Intensificación de procesos para un desenvolvemento sostible - PROSUT - GI-1612
-
Tecnoloxías para o desenvolvemento de bioproductos industriais - TIBD- GI-1618
-
Enxeñaría e xestión de procesos e produtos sostibles -PRODES- GI-2058
-
Tecnoloxía para a Economía Circular e a SEguridade NAtural - TEC-SENA -G-2160
E4021L14 - Modelización e control de procesos
E4021L13 - Desenvolvemento de procesos e produtos sustentables (Ecodiseño)
E4021L12 - Captura, separación e tratamento de gases contaminantes
E4021L11 - Modelización ambiental
E4021L10 - Caracterización físicoquímica e reolóxica e valorización de bioprodutos e derivados de extracción
E4021L09 - Procesos de deshidratación e conservación de produtos agroalimentarios
E4021L08 - Síntese de nanopartículas e nanofluídos
E4021L07 - Procesos de separación e equilibrio entre fases
E4021L06 - Propiedades termofísicas
E4021L05 - Tratamento biolóxico dos cheiros e COV nos fluxos de gas
E4021L04 - Xestión ambiental
E4021L03 - Desenvolvemento, operación e control de equipos para o tratamento de augas residuais
E4021L02 - Desenvolvemento de bioprocesos
E4021L01 - Eco-innovación e tecnoloxías sustentables para a valorización de biomasa e residuos
Profesorado do PD
A listaxe do profesores que participan no programa de doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental é dun total de 31. A distribución do Profesorado por categorías aparece e a seguinte: un 60% do persoal docente é PDI oficial, cun descenso os cursos 2013-14 a 2017-18 que se debían ao efecto da crise, xa que as xubilacións do persoal oficial foron cubertas por persoal laboral. Se avaliamos as cifras do PDI-Oficial, o 30-26% está composto por profesores universitarios e un 32-26% por profesores universitarios, cunha diminución ao longo destes anos por xubilación. A porcentaxe de profesores contratados é do 30-35% e aproximadamente o 10-16% componse de investigadores do programa Ramón e Cajal e outros que poden ser asimilados.
- Alberto Arce Arce
- Pastora Maria Bello Bugallo
- Marta Carballa Arcos
- Juan Jose Casares Long
- Gemma María Eibes González
- Gumersindo Feijoo Costa
- Eugenio Fernandez Carrasco
- Daniel José Franco Ruíz
- Amaya Franco Uria
- Maria Sonia Freire Leira
- Juan Manuel Garrido Fernandez
- Diego Gomez Diaz
- Julia Gonzalez Alvarez
- Sara Gonzalez Garcia
- Almudena Hospido Quintana
- Juan Manuel Lema Rodicio
- Thelmo Alejandro Lu Chau
- Miguel Mauricio Iglesias
- Ramon Mendez Pampin
- Ramon Felipe Moreira Martinez
- Maria Teresa Moreira Vilar
- Anuska Mosquera Corral
- Francisco Omil Prieto
- Enrique Roca Bordello
- Eva Rodil Rodriguez
- Oscar Rodríguez Figueiras
- Hector Rodriguez Martinez
- Jorge Sineiro Torres
- Ana Maria Soto Campos
- José Antonio Souto González
- María Angeles Val del Río
Maís información sobre a investigación do profesorado do Departamento de Enxeñaría Química:
Grupos de Investigación
Táboa resumo das liñas de investigación e profesorado (en extinción)
Grupos de Investigación
Os grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento pertencen o Departamento de Enxeñería Química. O Departamento asume como un dos seus obxectivos esenciais a investigación, fundamento da docencia, medio para o progreso da comunidade e soporte da transferencia do coñecemento á sociedade. Para o efecto, promoverá no marco das súas competencias o desenvolvemento da investigación de calidade, xeradora de novo coñecemento e capacidade de innovación, e a cultura emprendedora.
O Departamento acolle diferentes grupos de investigación que desenrolan a súa actividade nas instalacións que dispón a tal efecto. Os grupos de investigación son a unidade básica de organización e xestión da actividade investigadora onde por razóns de coincidencia estable nos seus obxectivos, infraestruturas e recursos compartidos, converxen un conxunto de investigadores con capacidade plena para o desenvolvemento da actividade investigadora.
GI-1612 PROSUT. Intensificación de procesos para un desenvolvemento sostible.
GI-1613 BIOGROUP. Biotecnoloxía Ambiental
GI-1616 EQUIFASE. Procesos de separación sostibles
GI-1618 TIBD. Tecnoloxías para o desenvolvemento de bioproductos industriais
GI-1620 Modelización ambiental
GI-1621 PFPT. Propiedades físicas e procesos de transferencia
GI-2058 PRODES. Enxeñaría e xestión de procesos e produtos sostibles
G-2160 TEC-SENA. Tecnoloxía para a Economía Circular e a SEguridade NAtural
Producción Científica
Todas as teses de doutoramento que se desenvolven no programa están directamente relacionadas con proxectos autonómicos, nacionais ou proxectos de programas europeos competitivos. Este feito supón unha continua actualización da investigación e a innovación segundo as liñas estratéxicas de investigación e innovación dos plans autonómicos, nacionais e europeos. Isto é evidente en:
Publicacións en revistas
O Persoal do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química e Ambiental pertence o Departamento de Enxeñería Química publicou nos últimos 10 anos, período 2013-2022, un total de 1041 artigos en revistas científicas internacionais JCR, revistas que están recollidas no “ Scientific Citation Index” ( SCI).
Máis detalles na páxina web de investigación do Departamento de enxeñería química, na seguinte ligazón: https://investigacion.usc.gal/unidades/1920/publicaciones
Número SCI
Un dos diferentes criterios que se usan para definir o alcance da actividade investigadora consiste no cálculo do “número do índice de impacto”, obtido como a suma do impacto das publicacións. O Departamento mantivo un incremento, de xeito que o Número SCI do 2018 é dez veces superior ao que se obtiña no ano 2000. Isto foi debido tanto a un incremento no número de artigos publicados como a un aumento no índice de impacto promedio, que no ano 2018 foi de 4.2.
En setembro de 2005 o profesor Jorge E. Hirsch da Universidade de California publicou un traballo onde propón un novo e sinxelo índice para avaliar o impacto da investigación, o factor h (h-index). O factor h é “o número de artigos que teñen ese autor con tantas ou más citas que o seu factor h”. O factor h do departamento é de 79.
Transferencia de Tecnoloxía
O Departamento de Enxeñería Química dentro da Transferencia de Tecnoloxía ten dende o ano 2000 un total de 30 patentes concedidas entre nacionais e internacionais.
Máis detalles na páxina web de investigación do Departamento de enxeñería química, na seguinte ligazón: https://investigacion.usc.gal/unidades/1920/patentes
Proxectos e contratos de I+D+i
Os Grupos de Investigación adscritos ao Departamento, e a su vez o programa de doutoramento, posúen unha gran capacidade de obtención de financiamento en programas competitivos de I+D. Na Figura anexa amosa a distribución de ingresos para os proxectos financiados pola UE, Plan Nacional, Plan Autonómico e contratos de investigación con empresas.
Máis detalles na páxina web de investigación do Departamento de enxeñería química, na seguinte ligazón: https://investigacion.usc.gal/unidades/1920/proyectos