Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
· Identificar os temas, recursos e formas características de distintos períodos e movementos da historia do cinema.
· Explicar os recursos de linguaxe cinematográfica e as estratexias de posta en escena e montaxe empregadas en distintas épocas.
· Interpretar os significados implícitos e sintomáticos dos casos de estudo comentados en clases.
· Desenvolver discursos críticos sobre unha serie de obras relevantes na historia do cinema e do audiovisual.
1. CINEMA SILENTE (1895–1931)
- o nacemento de Hollywood
- o cinema de avangarda
2. CINEMA CLÁSICO (1931-1959)
- o sistema de estudos e os xéneros clásicos en Norteamérica
- as industrias europea e xaponesa na metade do século XX
3. CINEMA MODERNO (1959 - 1981)
- a quebra do paradigma clásico: neorrealismos e manierismos
- os novos cinemas en Europa e Latinoamérica
- o Novo Hollywood e o cinema independente norteamericano
4. CINEMA POSMODERNO (1981-2005)
- a hibridación xenérica
- a tardomodernidade
- o retorno ao real
5. AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEO (2005-2024)
- a emerxencia dos cinemas asiáticos
- a transmodernidade e o cinema dixital
· Práctica de campo: visita á Casa do Cinema Manoel de Oliveira e ao Batalha Centro de Cinema do Porto (Portugal). Data proposta: 22 de novembro de 2024.
LECTURA OBRIGATORIA (a escoller unha):
· Bresson, R. (1975) 1993. Notas sobre o cinematógrafo. Edicións Positivas.
· Ozu, Y. 2017. La Poética de lo cotidiano: escritos sobre cine. Gallo nero.
· Schrader, P. (1972) 1999. El Estilo trascendental en el cine: Ozu, Bresson, Dreyer. Ediciones JC.
· Tarkovski, A. (1985) 1991. Esculpir en el tiempo: reflexiones sobre el arte, la éstetica y la poética del cine. Ediciones Rialp
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
· Araújo, N. (coord.). 2021. História do cinema. Dos primordios ao cinema contemporáneo. Edições 70.
· Aumont, J. & Marie, M. (1988). 1990. Análisis del Film. Paidós.
· Cousins, M. (2004). 2005. Historia del cine. Blume.
· Cousins, M. 2011. The Story of Film: An Odyssey. 5 DVD.
· Labarrère, A. Z. & O. (2002). 2009. Akal - Atlas del Cine. Akal.
· Sánchez Noriega, J. L. 2018. Historia del cine. Teoría, estéticas, géneros. Alianza.
· Rodríguez Vela, A. 2019. Breve historia del cine. Nowtilus.
· VV. AA. 1995-1998. Historia general del cine. 12 volumes. Cátedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
· Balló, J. 2000. Imágenes del silencio. Los motivos visuales en el cine. Anagrama.
· Bordwell, D.; Staiger, J. & Thompson, K. (1985). 1997. El cine clásico de Hollywood: estilo cinematográfico y modo de producción hasta 1960. Paidós.
· Bordwell, D. & Thompson, K. (1994). 1995. El arte cinematográfico. Una introducción. Paidós.
· Chion, M. 1993. La audiovisión: introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Paidós.
· Cousins, M. 2018. Women Make Film: A New Road Movie Through Cinema. 5 DVD.
· Cueto, R. & Weinrichter, A. 2004. Dentro y fuera de Hollywood. La tradición independiente en el cine americano. Intitut Valencià de Cinematografia Ricardo Muñoz Suay.
· Font, D. 2002. Paisajes de la Modernidad. Cine europeo 1960-1980. Paidós.
· Lagny, M. (1992). 1997. Cine e Historia. Problemas y métodos en la investigación cinematográfica. Bosch Casa Editorial.
· Nichols, B. (2001). 2013. Introducción al documental. UNAM.
· Pena, J. 2020. El cine después de Auschwitz. Representaciones de la ausencia en el cine moderno y contemporáneo. Cátedra.
· Coñecer as principais tendencias, filmes e cineastas da historia do cinema a través de exemplos concretos para poder identificar e distinguir as estratexias formais e discursivas asociadas con distintos xéneros e estilos, e saber así situar as obras audiovisuais nos seus respectivos contextos históricos.
· Comprender, analizar e interpretar o significado dun filme dende unha perspectiva semiótica e discursiva.
· Adquirir, coñecer e utilizar técnicas de análise fílmica para o coñecemento e valoración de filmes e obras audiovisuais.
· Construír argumentacións dende unha perspectiva crítica e analítica a través da linguaxe oral e escrita.
· Comprender as relacións entre o cinema e outras artes contemporáneas para poder avanzar no estudo doutras materias relacionadas coa historia do cinema e do audiovisual.
· Bloque conceptual: sesións expositivas para explicar contidos empregando fragmentos de filmes
· Bloque analítico: sesións interactivas para cada grupo de seminario, nas que os estudantes farán –de forma oral e individual– a presentación, proxección e comentario dunha secuencia dunha peza audiovisual relacionada co programa.
· Titorías personalizadas destinadas á resolución de dúbidas e consultas presentadas polo alumnado durante o seu proceso de aprendizaxe.
Actividades avaliábeis:
· Presentacións orais nas clases interactivas de fragmentos de filmes para identificar e explicar os seus elementos formais e conceptuais. Duración: 15-20 minutos. Porcentaxe na avaliación final: 20%.
· Traballos escritos: análise dunha longametraxe a partir das ideas expostas polos seus creadores nalgunha das lecturas obrigatorias. Extensión: 3000 – 4000 palabras. Porcentaxe na avaliación final: 40%
· Exame final: comentario dun texto audiovisual. Será obrigatorio facer as presentacións orais e os traballos escritos para poder realizar o exame final. Porcentaxe na avaliación final: 40%.
Segunda oportunidade: entrega dun traballo escrito individual de análise fílmica (50%) e realización dun exame similar ao da primeira oportunidade (50%).
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións'.
A dedicación ás clases presenciais será de 51 horas. A dedicación persoal do alumno (estudo teórico, visionado de películas, realización de traballos en grupos e individuais) será de 99 horas ao longo do cuadrimestre.
Esta materia dá continuidade á materia de primeiro ano 'Introdución á Linguaxe Cinematográfica'. Dadas as súas características, e tendo en conta que o alumnado non adoita estar moi familiarizado coa historia do cinema e coa análise fílmica, cómpre asistir ás aulas, especialmente para comprender a dinámica das actividades avaliábeis.
Xose Ivan Villarmea Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.villarmea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
16.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
16.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
23.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |