Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia optativa do Grao en Educación Primaria é a única dedicada de forma específica á educación literaria na titulación. Deste modo, pretende fornecer ao estudantado das seguintes capacidades:
-Adquirir coñecementos sobre a literatura infantil e xuvenil (LIX), tanto clásica como actual, e procedente de diferentes contextos socioculturais.
-Coñecer recursos e estratexias innovadoras de fomento da lectura, especialmente os desenvolvidos polas bibliotecas escolares.
-Valorar a creatividade como cualidade presente nas crianzas e incorporar ferramentas para desenvolvela, especialmente no relativo á escritura e á dramatización.
-Comprender os beneficios do contacto coa literatura na etapa de Educación Primaria.
-Incorporar coñecementos que permitan a selección idónea de obras, así como técnicas e dinámicas de animación, fomento e mediación lectora
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
1. Do ensino da literatura á educación literaria
1.1. Literatura, lectura e creatividade no currículo de Educación Primaria
1.2. As nocións de “educación literaria”, “competencia lectora” e “competencia literaria”
3.1. O valor da literatura para a educación e formación das persoas
2. A literatura infantil e xuvenil (LIX): definición e evolución
2.1. O concepto da LIX
2.2. Literatura de tradición oral, clásicos da LIX e tendencias actuais
2.3. Convivencia e intermedialidade entre a literatura e outros medios
3. Creación e fomento de hábitos lectores na escola
3.1. Criterios de selección de obras da LIX
3.2. Estratexias de fomento, animación e mediación lectora
3.3. A lectura nos centros escolares: bibliotecas e proxectos lectores
4. A potenciación da creatividade
4.1. Os talleres de escritura
4.2. O teatro e a dramatización escolar
4.3. Outros recursos innovadores para a aula
Bibliografía básica:
BALLESTER, J. (2015). La formación lectora y literaria. Barcelona: Graó.
COLOMER, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria:
ÁLVAREZ ANGULO, T. (2010). Competencias básicas en escritura. Barcelona: Octaedro.
CAZÓN CERVIÑO, R. (1999). La palabra sorprendida: técnicas creativas de escritura. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
CERILLO, P., LARRAÑAGA, E. e YUBERO, S. (2002). Libros, lectores y mediadores. La formación de los hábitos lectores como proceso de aprendizaje. Cuenca: UCLM.
CERRILLO, P. (2007). Literatura infantil y juvenil y educación literaria. Hacia una nueva enseñanza de la literatura. Barcelona: Octaedro.
CHAMBERS, A. (2007). Dime. Los niños, la lectura y la conversación. México: Fondo de Cultura Económica.
CHAMBERS, A. (2007). El ambiente de la lectura. México: Fondo de Cultura Económica.
COLOMER, T. (2005): Andar entre libros. La lectura literaria en la escuela. México: Fondo de Cultura Económica. 4.ª reimpresión 2014.
COUTO PIÑEIRO, X., LAMAPEREIRA LÓPEZ, A., VIEITES GARCÍA, M. F. (1992). Práctica teatral na escola. Vigo: Ir indo.
DELMIRO COTO, B. (2002). La escritura creativa en las aulas. Barcelona: Graó.
DURBAN ROCA, G. (2010). La biblioteca escolar, hoy: un recurso estratégico para el centro. Barcelona. Graó.
GARCÍA CARCEDO, P. (2011). Educación Literaria y Escritura Creativa. Granada: GEU.
HUERTAS GÓMEZ, R. (2007). Poesía popular infantil y creatividad. Madrid: CCS.
LAGE FERNÁNDEZ,, J. J. (2013). Bibliotecas escolares, lectura y educación. Barcelona. Octaedro.
LLUCH, G. (2010). Cómo seleccionar libros para niños y jóvenes. Los comités de valoración en las bibliotecas escolares y públicas. Gijón: Editorial Trea.
MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora. Málaga: Aljibe.
MOTOS TERUEL, T. (1999). Juegos creativos del lenguaje. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
PENA PRESAS, Montse. (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.
RODARI, G. (1999). Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.
TEJERINA, I. (1994). Dramatización y teatro infantil. Madrid: Siglo Veintiuno.
Básicas e xerais:
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o estudantado
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Especificas:
E53 - Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes
E45 - Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil
E47 - Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma
E48 - Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino
E49 - Fomentar a lectura e animar a escribir
Transversais:
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos e conceptos máis básicos da disciplina atendendo ás posíbeis dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da docente e será implementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, tras a presentación e estudo de textos e recursos varios, de modo que se desenvolva a participación activa do/a estudante e do grupo. Así, procúrase tanto favorecer o desenvolvemento de competencias varias como acadar o dominio do discurso expositivo e argumentativo, o pensamento crítico, a análise e a confrontación e respecto por opinións alleas, etc., así como as competencias xa sinaladas para a materia.
Contémplase a posibilidade de que o alumnado realice, de forma voluntaria, unha experiencia aprendizaxe-servizo. En función do seu compromiso con esta experiencia, os participantes serían eximidos dunha parte da materia no exame final.
No traballo persoal do alumnado vai prestarse especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos e textos, así como á exposición e defensa dos seus estudos e traballos a fin de potenciar a competencia expositiva oral á vez que a aprendizaxe autónoma e, con certeza, a valoración do traballo cooperativo.
O estudantado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Non se admitirá a entrega de ningún estudo ou traballo que non fose orientado e dirixido pola profesora. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun estudo universitario ou traballo de investigación. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
O emprego da Campus virtual da materia será habitual, dado que a docente facilitará ao alumnado textos que se consideran básicos para a materia, así coma outros recursos.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 5%
- Instrumentos de avaliación: observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas.
- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición e a participación na aula, que se considerará fundamental. Será preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas. O alumnado que teña 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumento de avaliación: exame escrito.
- Orientacións para a avaliación: será obrigatorio para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumentos de avaliación: estudos e traballos individuais e/ou en grupo.
- Orientacións para a avaliación: realización de tarefas de diferente extensión sobre os contidos do temario.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
- Peso na cualificación: 15%
- Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos e estudos.
- Orientacións para a avaliación: esixirase competencia expositiva e calidade discursiva. O alumnado deberá respectar o tempo e duración prevista para as exposicións.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación e implicación” as súas intervencións en galego.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA. Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
A. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2.5 puntos de 5)
B. Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.
2. AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA CONCEDIDA OFICIALMENTE POLA XUNTA DE FACULTADE. Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do cuadrimestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación que se lle aplicará.
3. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO). Os/as estudantes que non superen a materia no mes de febreiro teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán dous:
A. Presentación de traballos e prácticas realizadas ao longo do curso.
B. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.
4. ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do cuadrimestre para concretar o plan de traballo ao que deberá aterse e o sistema de avaliación ao que se someterá.
5. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para o seguimento ordinario das aulas, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debe informar á profesora desta situación tan pronto como sexa posible para, se fose preciso, acordar as adaptacións curriculares necesarias. A USC conta ademais co Servizo de Promoción e Integración Universitaria que, despois dunha valoración previa da/o estudante, pode expedir un documento acreditativo.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En ningún caso se permitirá o plaxio; de ser detectado en calquera traballo, exame ou outro documento entregado, este será avaliado directamente cun 0 (nunha escala do 0 a 10).
Segundo consta na Memoria verificada do Título, esta materia ten atribuída unha carga lectiva de 4.5 créditos ECTS, o que se corresponde con 112,5 horas de dedicación, distribuídas deste modo:
1. Sesións presenciais: 38,5 horas
-Expositivas: 18 horas
-Interactivas: 18 horas
-Titorías: 2.5 horas
2. Traballo autónomo: 74 horas
-Acompañamento regular da materia.
-Asistencia activa e realización das tarefas solicitadas.
-Actitude aberta e receptiva a novas aprendizaxes.
-Comportamento tolerante cara a diversidade e evitación de actitudes sexistas ou discriminatorias.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación co traballo persoal ou grupal que se realiza para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar cubertas plásticas innecesarias ou outras envolturas externas.
- Sempre que sexa posible, usar grampas no canto de espirais.
- Impresión a dobre cara con calidade de "aforro de tinta".
- Non usar follas en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar os arquivos adxuntos que non teñen referencia directa aos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
No que respecta aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase empregar a linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula coma nos traballos académicos encomendados.
EMPREGO DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
O uso de teléfonos móbiles na aula limítase ao seu emprego como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas pola profesora, o que fai aos estudantes responsables das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do se uso inapropiado.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o emprego da conta rai, así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Del Rocio Garcia Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821014
- Correo electrónico
- mariadelrocio.garcia.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 20 |
17.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
02.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |