Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 284 Horas de Titorías: 12 Clase Interactiva: 4 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría do Terreo, Enxeñaría da Construción, Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes, Enxeñaría Hidráulica, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realizar un exercicio orixinal individual que será presentado e defendido ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Civil, de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas.
Tal como se expón na memoria verificada do título, os contidos do TFG farán referencia a un exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto de Enxeñaría Xeomática e Topografía, de naturaleza profesional, no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.
O TFG consistirá en un proxecto, estudo técnico, traballo de investigación aplicada ou outra actuación que poida ser considerada coma traballo facultativo e profesional. De maneira específica, para determinar a adecuación da temática a desenvolver como TFG, e polo tanto garantir a adecuación dos seus contidos, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a comisión de seguimento de TFG da titulación. Na proposta quedará definida a temática específica que se desenvolverá no TFG a través dos correspondentes contidos. A aprobación da proposta implicará que a temática do TFG vaia orientada a desenvolver os coñecementos adquiridos no título, integrando as competencias directamente relacionadas con dita temática de entre as definidas para a materia. Unha vez aprobada a proposta baixo estas condicións, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa.
Tanto a bibliografía básica coma complementaria será aconsellada polo titor en función da temática a desenvolver no proxecto específico.
Competencias xerais
CG1 Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
CG2 Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de consegui-la maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
CG3 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplica-la lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. (CG 3)
CG4 Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito. (CG 4)
CG5 Capacidade para o mantemento e conservación dos recursos hidráulicos e enerxéticos, no seu ámbito. (CG 5)
CG6 Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito. (CG 6)
CG7 Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito. (CG 7)
CG8 Capacidade para realizar estudos e deseñar captacións de augas superficiais ou subterráneas, no seu ámbito. (CG 8)
CG9 Coñecemento e capacidade de aplicación de técnicas de xestión empresarial e lexislación laboral. (CG 9)
CG10 Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral. (CG 10)
Competencias específicas
CTFG - Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Civil de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas
O desenvolvemento do TFG está baseado fundamentalmente no traballo persoal do alumno, xunto coa guía aportada polo/s titor/es do traballo con respecto á temática, materiais, medios e metodoloxías a empregar no seu desenvolvemento. Polo tanto, a metodoloxía de ensinanza estará fundamentada no proceso de seguimento do traballo do alumno a través de reunións, titorías e consultas a través de correo electrónico. O emprego dunha aula no Campus Virtual da USC permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e titores, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
A avaliación do TFG será realizada polas Comisións Avaliadoras correspondentes, propostas polo coordinador de TFG e aprobadas en reunión ordinaria pola Comisión de Título en cada convocatoria (febreiro, xullo e setembro). Ditas comisións estarán formadas por tres a cinco membros, de entre os cales un será presidente e outro secretario. Os criterios a adoptar nas avaliacións, así como o peso relativo dos mesmos serán feitos públicos ó comezo de cada Curso Académico.
O proceso de avaliación contará cun acto de defensa ou exposición oral pública dividido en dúas partes: unha exposición por parte do estudante dunha duración comprendida entre 10 e 15 minutos e unha quenda de preguntas por parte da Comisión. Ambos aspectos cualificaranse de 0 a 10 e na cualificación final da materia a ponderación será dun 70% a nota do documento e un 30% a nota da presentación e defensa. En todo caso, o estudante debe acadar unha nota mínima de 5 en cada unha. Unha nota inferior a 5 nalgunha das partes conleva o suspenso na convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
Avaliación do documento de TFG (70%): competencias avaliadas CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6,CG7, CG8, CG9, CG10, CTFG.
Defensa do TFG (30%): competencias avaliadas CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6,CG7, CG8, CG9, CG10, CTFG.
O alumno entregará xunto coa proposta un cronograma no que se detallen os contidos do TFG así como a súa distribución temporal nas fases correspondentes de forma que se xustifiquen as horas de traballo persoal necesarias para superar o TFG, e que se estiman en 300 horas.
Ademais, durante a elaboración do TFG tanto o alumno como os titores levarán un rexistro das tarefas e revisións realizadas. A folla de seguimento do alumno debe entregarse co documento do TFG.
Como procedemento básico inicial, o alumno deberá ler detalladamente a normativa e documentos específicos de:
-o grao en Enxeñaría Civil
e da
-a EPS
Nos mesmos inclúense orientacións para a definición de temáticas e estrutura do TFG.
Recoméndase o emprego das titorías para a resolución de calquera problema que poda xurdir. Así mesmo, recoméndase o emprego activo do campus virtual para a comunicación entre o alumno e o seu titor.
Para a realización das titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes, como co profesor, realizaranse a través do foro do Campus Virtual, por MS Teams ou ben por correo electrónico.