Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Analizar desde o punto de vista teórico e práctico os principios dá Física que se refiren a sistemas de equilibrio, análise estructural, sólido ríxido, elasticidade e mecánica de fluídos e ondas, ademais de promover e desenvolver o carácter científico do alumno.
BLOQUE TEMÁTICO I: TEORÍA DE CAMPOS
Horas presenciais: 4
Horas de traballo estudante: 7,4
TEMA 1: TEORÍA DE CAMPOS
Magnitudes vectoriais. Suma de vectores. Produto escalar, vectorial e mixto. Momento dun vector respecto dun punto e dun eixe. Gradiente dunha función escalar e derivada direccional. Circulación dun campo de vectores. Fluxo dun campo de vectores a través dunha superficie. Diverxencia dun campo de vectores. Rotacional dun campo de vectores.
BLOQUE TEMÁTICO II: MECÁNICA
Horas presenciais: 25
Horas de traballo estudante: 47,6
TEMA 2: SISTEMAS EN EQUILIBRIO E MECÁNICA DO SÓLIDO RÍXIDO
Introdución á cinemática da partícula. Centro de masas e propiedades. Cálculo de centros de masas. Teoremas de Pappus-Guldin. Cinemática do sólido ríxido. Movementos elementais do sólido ríxido: translación, rotación. Dinámica do sólido ríxido. Momento lineal. Teorema de conservación. Momento angular. Teorema de conservación. Momentos de inercia. Propiedades. Radio de xiro. Teorema de Steiner. Cálculo de momentos de inercia. Movemento combinado de rotación e translación dun sólido ríxido. Traballo e enerxía cinética de rotación e translación. Conservación da enerxía mecánica.
TEMA 3: INTRODUCIÓN O ANÁLISE ESTRUTURAL
Concepto de equilibrio. Estática analítica. Estruturas articuladas planas: definición e hipótese de deseño. Métodos de resolución analíticos: método dos nós e de dás seccións ou Ritter. Estruturas espaciais simples: hipótese de deseño e resolución. Estudo do equilibrio en bastidores e máquinas. Estática de vigas: definición e tipos. Forzas e momentos internos en vigas.Tipos de cargas aplicadas a unha viga.Cálculo de reaccións nos apoios. Ecuacións e diagramas dá forza cortante e do momento flector. Relacións entre carga distribuída, forza cortante e momento flector.
BLOQUE TEMÁTICO III: MECÁNICA DOS MEDIOS CONTINUOS
Horas presenciais: 6
Horas de traballo estudante: 11
TEMA 4: TEORÍA DA ELASTICIDADE
Introdución. Esforzo. Deformación. Lei de Hooke. Módulo de Young. Límite de elasticidade. Módulo volumétrico de compresión. Coeficiente de Poisson. Cizalla. Módulo de rixidez.
TEMA 5. FLUÍDOS.
Conceptos básicos. Estática de fluídos. Principio de Pascal. Prensa hidráulica. Principio de Arquímedes. Dinámica de fluídos. Fluídos en movemento: fluxo, caudal ou gasto. Ecuación de continuidade.
BLOQUE TEMÁTICO IV: MECÁNICA DE ONDAS
Horas presenciais: 3
Horas de traballo estudante: 6
TEMA 6: MOVEMENTO OSCILATORIO
Introdución. Cinemática do movemento harmónico simple (MAS). Ecuación básica do movemento harmónico simple. Superposición de MAS: mesma frecuencia; diferente frecuencia. Osciladores axustados. Oscilacións amortecidas. Oscilacións forzadas.
PRÁCTICAS
Horas presenciais: 12
Horas de traballo estudante: 8
Medidas do centro de gravidade. Determinación da velocidades en corpos. Coeficientes de rozamento. Elasticidade (módulos de Young). Tubo de Venturi e de Prandl para o cálculo de velocidades e presións de fluídos. Determinación de viscosidades. Conservación da enerxía nun disco
BLOQUE TEMÁTICO I: TEORÍA DE CAMPOS
Bibliografía específica e básica.
BELEDENZ, A.; BERNABEU, J.;Pastor, C.: Magnitudes, vectores y campos.UPV. 1988.
BLOQUE TEMÁTICO II: MECÁNICA
Bibliografía básica.
BEER, F.P.; JOHNSTON, E.R. Jr.: Mecánica para Ingenieros: Dinámica y Estática (2 vol.). Ed. McGraw-Hill, 2007.
Bibliografía complementaria.
HIBBELER, R.C.: Mecánica Vectorial para Ingenieros: Dinámica y Estática (2 vol.). Ed. Prentice Hall, 2004.
MERIAM, J.L.; KRAIGE, L.: Mecánica para Ingenieros: Dinámica y Estática (2 vol.). Ed. Reverté, 2000.
VAZQUEZ, M.; LOPEZ, E.: Mecánica para Ingenieros: Dinámica y Estática. Ed. Noela, 1998.
VIAN, J.G.: Física Fundamental: Mecánica y Ondas. (tomo I). Ed. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco, 1990.
BLOQUE TEMÁTICO III: MECÁNICA DE LOS MEDIOS CONTINUOS
Bibliografía básica.
GERE, J.M.; TIMOSHENKO, S.P.: Mecánica de Materiales. Ed. International Thomson Editores, 1998.
Bibliografía complementaria.
GILES, R.V.; EVETT, J.B.; LIU, C.: Mecánica de los Fluídos e Hidráulica. Ed. McGraw-Hill, 1994.
STREETER,V.L.; WYLIE, E.B.: Mecánica de los Fluídos. Ed. McGraw-Hill, 1990.
BLOQUE TEMÁTICO IV: MECÁNICA DE ONDAS
Bibliografía básica.
SEARS, F.W.; ZEMANSKY, M.W.; YOUNG, H.D.; FREEDMAN, R.A.: Física Universitaria. Ed. Addison Wesley, 2009.
Bibliografía complementaria.
VIAN, J.G.: Física Fundamental: Mecánica y Ondas. (tomo I). Ed. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco, 1990.
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencias xerais:
CG3 - Coñecementos en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade para xestionar a información
CT4 - Capacidade para traballar en equipo
CT8 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
CT15 -Capacidade para a comunicación oral e escrita
Competencias específicas:
CE2 - Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Teoría e seminarios:
Nas clases de teoría (24 horas) explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos. Buscarase a participación activa do alumnado.
Nas clases de seminario (12 horas) analizaranse e discutiranse os problemas propostos previamente aos alumnos mediante boletíns, que poderán ser realizados individualmente ou en grupo. Proporanse exercicios para ser realizados e que serán avaliados para a cualificación final.
Utilizarase o campus virtual para a suba de contidos, exercicios e traballos que serán realizados polo estudante e avaliados para a cualificación final.
Competencias traballadas CB=1, 2; CG=3, 5; CT=1, 3,1 5; CE2
Prácticas de laboratorio:
Nas prácticas, de asistencia obrigatoria, aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo estudante nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en grupos de dous alumnos.
Competencias traballadas: CB=1, 2; CG=3, 5; CT=1, 3, 4, 8, 15; CE2
Titorías:
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas e cuestións de cada alumno, así como titorías nas aulas en grupos reducidos (3 horas) onde se realizará un seguimento da comprensión e dificultades que teñan os alumnos sobre os diferentes coñecementos adquiridos, procurando resolver todas as dúbidas e problemas que lles xurdan. Tamén se propoñerán tarefas de reflexión e aplicación a sectores industriais da vida real.
Competencias traballadas CB=1, 2; CG=3, 5; CT=1, 3,1 5; CE2
Da cordo coa memoria do grao o sistema de avaliación será resultado da ponderación entre un exame final, a realización de prácticas no laboratorio e a entrega e presentación de problemas, traballos e pequenos proxectos que se irán propoñendo ao longo do curso.
O sistema de avaliación será o mesmo para a primeira oportunidade e para a segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación se levará a cabo da seguinte forma:
O alumnado realizará un exame oficial final da materia (60% da nota global). A cualificación mínima para que o estudante poida superar esta parte e a materia será de 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CB = 1, 2; CT=1, 15; CE2.
A parte práctica da materia avaliarase de forma continua durante a realización de cada experiencia no laboratorio. Ademais. O alumnado deberá entregar un traballo escrito unha vez finalizada a asistencia ao laboratorio e dentro do prazo indicado. A cualificación mínima para que o estudante poida superar esta parte e a materia será de 5 sobre 10. (A parte práctica supoñerá o 20 % da nota global).
Competencias avaliadas: CB= 1, 2; CG= 3, 5; CT=1, 3, 4, 8, 15; CE2
Considerarase como “Suspenso” na materia de Física I, tanto na primeira oportunidade coma na segunda oportunidade, a cada estudante que en prácticas de laboratorio non alcance a cualificación de apto (mínimo 5 puntos sobre 10) ou que non asistise ás sesións de laboratorio indicadas polo profesorado.
Actividades propostas na aula e no campus virtual. (20% da nota global).
Competencias avaliadas: CG=5; CT=1, 3, 8, 15; CE2
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por motivo de traballo ou conciliación familiar téñense que ater ao disposto na Instrución 1/2007 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para aprobar esta materia é obrigatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio e ao exame final, ámbalas dúas actividades programadas no horario da materia e previstas nesta programación docente. A parte correspondente as tarefas de avaliación continua só se conservará para a primeira e segunda oportunidade do curso académico no que se teñan feitas. A parte do laboratorio de prácticas se conservará durante os tres cursos académicos seguintes.
Indícase a continuación unha estimación do número de horas que se deben dedicar a cada actividade formativa.
Docencia expositiva: 64 h
Prácticas de laboratorio: 20 h
Seminarios (inclúense traballos): 40 h
Titorías en grupos reducidos: 6 h
Exame: 20 h
Total: 150 h
Participar de forma activa nas clases e seguir as indicacións do profesorado para o estudo da materia.
Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación.
Manexar a bibliografía recomendada como complemento das clases.
Utilizar e aproveitar as titorías.
A materia impartirase en galego e castelán
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Vazquez Verdes
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 982823240
- Correo electrónico
- pedro.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
13.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |