Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. -Coñecer os eixes fundamentais da lexislación relativa ao patrimonio cultural
2. -Fomentar o coñecemento do patrimonio cultural
3. -Fomentar a conservación o patrimonio cultural
4. -Comprender a xestión do patrimonio cultural no ámbito público
5. -Valorar a lexislación como instrumento para a xestión do patrimonio cultural
Tema 1: Lexislación do Patrimonio Histórico Artístico Español. Análise de casos prácticos.
Tema 2: Lexislación do Patrimonio Cultural Galego. Análise de casos prácticos.
Tema 3: Normativa sobre o Patrimonio Mundial. Análise de casos prácticos.
Castillo Ruiz, José; El entorno de los bienes inmuebles de interés cultural: concepto, legislación y metodologías para su delimitación, evolución histórica y situación actual. Granada: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Granada, 1997
Código del patrimonio cultural . Edición preparada por Luis Antonio Anguita Villanueva; bajo la dirección de Carmen Gómez Laplaza y Joaquín José Rams Albesa. Cizur Menor: Thomson-Civitas, 2007.
Directrices Prácticas para la aplicación de la Convención del Patrimonio Mundial. http://whc.unesco.org/archive/opguide08-es.pdf
Querol, María Ángeles; Manual de gestión del patrimonio cultural, Madrid: Akal, 2010.
A protección e xestión do patrimonio cultural é unha atribución generalmente encomendada á Administración pública, que debe promover e velar polo seu desenvolvemento. Neste sentido, o coñecemento da lexislación reguladora da materia devén un elemento previo de indubidable valor como elemento para o desenvolvemento integral dunha xestión do patrimonio cultural.
Competencias xerais:
- Capacitar ao alumno para traballar no ámbito do Patrimonio Cultural.
- Predisponerlo para o traballo en equipos interdisciplinares.
- Concienciarlo das súas capacidades propias.
- Potenciar o interese pola calidade no manexo da información.
Competencias específicas:
- Coñecer os eixes fundamentais da lexislación relativa ao patrimonio cultural
- Dotalo de capacidades críticas e necesarias para a actividade profesional no ámbito do Patrimonio Cultural.
- Proporcionarlle a formación para a interpretación crítica do patrimonio cultural.
- Comprender a xestión do patrimonio cultural no ámbito público
- Valorar a lexislación como instrumento para a xestión do patrimonio cultural
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da
cualificación obtida no exame final (100%), no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará
na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da
cualificación obtida no exame final (100%), no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se
realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do
rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Traballo persoal: 100%
Pódese facer uso das titorías, no horario habilitado pola docente. Para unha mellor atención, recoméndase contactar previamente a través do correo institucional habilitado para tal fin.
Miriam Elena Cortés López
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- miriamelena.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU