Ir o contido principal

Acceso

Acceso

O artigo 16 do Real Decreto 1393/2007 establece que para acceder aos ensinos oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo e Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de mestrado.

O estudantado estranxeiro de fala non hispana deberá acreditar que ten os coñecementos lingüísticos suficientes para cursar o mestrado ou, na súa falta, garantir a aprendizaxe do mesmo ao longo do curso mediante compromiso escrito de matrícula nos cursos de idiomas para estranxeiros ofrecidos pola Universidade, ou noutros equivalentes. Aínda así, o profesor, de común acordo co estudantado inscrito na súa materia, poderá optar polo emprego doutro idioma de interese científico, normalmente o inglés, o que constará na ficha da materia ofertada. Igualmente, contémplase o uso da lingua galega durante a docencia; con todo, dado que o mestrado ofértase a nivel nacional, o emprego desta lingua realizarase sen prexuízo do estudantado non galego parlante.

A Comisión Académica Interuniversitaria do máster ten as competencias en materia de admisión tal como establécese na normativa vixente.

Establécense os seguintes criterios de admisión:

  • Terá preferencia o alumnado procedente de titulacións de Bioloxía, ordenados por expediente académico.
  • Seguirá o alumnado procedente dde as titulacións de Ciencias Ambientais, Enxeñería Forestal e do Medio Natural e Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria ordenados por expediente académico.
  • Por último, o alumnado das titulacións de Farmacia, Química, Veterinaria e Ciencias do Mar (así como outras titulacións de Ciencias se así o decide a Comisión Académica Interuniversitaria), ordenados por expediente académico.

No caso de estudantes con necesidades educativas específicas derivadas de discapacidade, a Comisión Académica do Máster en colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria das tres Universidades: USC , UVI e UDC implementará os mecanismos necesarios para facilitar a integración do devandito estudantado. De igual forma, avaliará a necesidade de posibles adaptacións curriculares, asesorará na elección de itinerarios ou estudos alternativos, ademais de promover a eliminación de barreiras arquitectónicas de existir.

Normas de admisión

Normativa na USC

Normativa na UDC

Normativa na UVIGO

Normas de permanencia

Normativa na USC

Normativa na UDC

Normativa na UVIGO

As tres universidades implicadas no Mestrado contan cunha “Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ó Espacio Europeo de Educación Superior”, de cuxa aplicación son responsables as vicerreitorías con competencias na oferta docente e as Secretarías Xerais cos servizos deles dependientes.

Esta normativa cumple o establecido no RD 1393/2007 e ten como principios, de acordo coa lexislación vixente:

  • Un sistema de recoñecemento baseado en créditos (non en materias) e na acreditación de competencias.
  • A posibilidade de establecer con carácter previo á solicitude do estudantado, táboas de recoñecemento globais entre titulacións, que permitan unha rápida resolución das peticións sen necesidade de informes técnicos para cada solicitude e materia.
  • A posibilidade de especificar estudos estranxeiros susceptibles de ser recoñecidos como equivalentes para o acceso ao mestrado, determinando os estudos que se recoñecen e as competencias pendentes de superar.
  • A posibilidade de recoñecer estudos non universitarios e competencias profesionais acreditadas.

Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos

Normativa na USC

Normativa na UDC

Normativa na UVIGO

Procedemento de transferencia e recoñecemento de créditos

Procedemento na USC

Procedemento na UDC

Procedemento na UVIGO

Calendario de matrícula 2024/25

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2024.